InicioSOCIEDADEEstudantes da USC parten cara Valencia cargados de víveres

Estudantes da USC parten cara Valencia cargados de víveres

Non se dirixirán a Paiporta, senón a dúas pequenas vilas ás que aínda comezou a chegar axuda recentemente, e onde tamén se precisan de doazóns

Publicado o

Por Ángela Precedo

A solidariedade galega trascende fronteiras, condicións e idades. Todo o país se está volcando en botar unha man aos afectados pola traxedia de Valencia e, especialmente, en Galicia hai moitos voluntarios que, mesmo poñendo cartos do seu propio peto, se desprazaron estes días ata as zonas onde maior impacto tivo a DANA para aportar o seu graniño de area nas tarefas de limpeza e na aportación de subministros para os veciños das vilas que o perderon todo na catástrofe. Hoxe, dende o Galicia Confidencial, falamos cun grupo de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (os creadores da famosa conta de Instagram @salseo_uscque decidiu organizar un punto de recollida de todo tipo de produtos que poidan ser útiles para as persoas que están sen nada. Parten esta mesma madrugada cada a Comunidade Valenciana con tres ou catro furgóns cargados ata arriba de material de primeira necesidade.

Como nos conta un dos membros do grupo, “a idea de establecer un punto de recollida pola nosa parte xorde porque queriamos axudar á xente e, como nós temos unha conta bastante grande (78.000 seguidores) á que seguen moito os estudantes pero tamén xente de máis idade, pensamos que sería relativamente doado poñer en marcha o noso propio punto”. Ademais, explica que, a diferenza doutros puntos de recollida de doazóns que se organizaron en diferentes puntos da cidade de Santiago de Compostela onde non se recolle determinado material, “nós recollemos todo o que nos traen, porque toda axuda é benvida”.

Así, dende que publicaron o anuncio de que abrían un espazo para deixar doazóns para Valencia, “é increíble a cantidade de xente que se sumou á iniciativa, miles de persoas compartiron a publicación nas redes e outras tantas chegaron con alimentos e produtos de limpeza, entre outras moitas cousas”. Así mesmo, este estudante confesa que “tamén houbo ducias e ducias de estudantes que quixeron participar como voluntarios, vindo con nós ata Valencia”, aínda que, “ao final, tivemos que aceptar unicamente o ofrecemento de 10, porque se fósemos moitos máis poderiamos estorbarnos os uns aos outros”. De feito, estes días as autoridades alertaron de que non chegasen a determinados puntos máis voluntarios, porque se estaban colapsando as vías de entrada, perxudicando así o paso dos servizos de emerxencia e das autoridades de búsqueda.

Agora quédanlles unhas 11 horas de camiño por diante, xa que os furgóns non poden superar, por lei, os 90 quilómetros por hora nas autoestradas, e son conscientes de que “vai ser unha viaxe moi longa”, pero están “entusiasmados por poder botar unha man”, xa que “ao final o que aconteceu é algo extraordinario, e precísano”. Ademais, non irán xustamente ao epicentro da catástrofe, a Paiporta, porque “alí xa hai moita xente, servizos e voluntarios traballando”, así que “como no noso grupo temos a dúas persoas do Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios de España (SICUE) que son de Valencia e nos explicaron que hai dúas zonas ás que aínda non lles chegou axuda, o noso plan é ir nun primeiro momento a esos sitios”. E é que pretenden que o material que leven chegue ao maior número de persoas necesitadas posible, e que poida axudar o máximo posible.

Deste xeito, aínda non saben se serán tres ou catro furgóns os que empregarán en total, porque o certo é que as doazóns seguen chegando ata última hora e, nestes momentos, “xa estamos tratando de organizar todas as cousas, tendo que apilar unhas sobre outras para poder camiñar, dada a magnitude de doazóns”. Entre as cousas que levan hai: alimentos, roupa, medicamentos, vendaxes, material de protección para os voluntarios que están facendo as tarefas de limpeza (botas, EPIs, gafas, máscaras, guantes, botas), cousas para bebés (pañais, biberóns, un par de silliñas), comida para animais, produtos de hixiene (compresas, papel, toalliñas, cepillos de dentes, pasta de dentes) e moitos produtos de limpeza de todo tipo. Levoulles tanto tempo organizar a recollida e ir colocando as cousas para o transporte que, segundo confesan, “aínda non nos deu tempo a pensar no impacto psicolóxico que recibiremos ao chegar á zona afectada, pero si sabemos, polas imaxes que vimos nos medios de comunicación, que a cousa aínda está moi complicada”.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago aprobará destinar un piso municipal a recurso habitacional para mulleres vítimas de violencia de xénero e persoas LGBTIQ+

O Concello de Santiago aprobará na próxima reunión da Xunta de Goberno local que...

A USC lidera unha rede estatal para analizar e frear o despoboamento na ‘España baleirada’

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) destacou este martes a súa participación na...

Rueda pon en valor a nova sala de espera de Oncoloxía do Clínico de Santiago como símbolo dunha sanidade máis humanizada

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou este xoves os avances de Galicia no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here