InicioSOCIEDADERaxoi apunta que as árbores da Alameda estaban "sans" e que a...

Raxoi apunta que as árbores da Alameda estaban “sans” e que a súa caída “só pódese atribuír aos fortes ventos”

Defende que este xardín histórico recibe un traballo "diario e sistemático"

Publicado o

Xornal de Compostela

O goberno local de Santiago asegurou este xoves que a caída de varias árbores na Alameda compostelá polo temporal ‘Kirk’ “só pódese atribuír aos fortes ventos”, xa que eran exemplares que “tiñan os seus anos, pero estaban perfectamente”.

Así o explicou este xoves nunha rolda de prensa o concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, acompañado polo xefe deste servizo, Gregorio López, na que fixeron unha avaliación tras o paso do temporal ‘Kirk’ por Santiago. Alí, incidiron en que as árbores estaban “sans”, pero que foron “moitas horas de ventos moi fortes”.

“Entre a noite do martes e a madrugada do mércores vivimos unha situación de temporal que, aínda que as ciclogénesis en Galicia son habituais, esta tivo un carácter excepcional, con ventos que alcanzaron os 114 quilómetros por hora e unha acumulación de precipitacións de máis de 48 litros”, incidiu Domínguez.

Ventos que afectaron a árbores “maduras e sas” en toda a xeografía do concello, con máis de 60 exemplares afectados e ducias deles cuxas ramas de maior ou menor consideración caídas, segundo explicou o responsable de Parques e Xardíns.

No caso concreto da Alameda, Domínguez mostrouse “impactado” polo tres Tilos de “gran porte” que caeron no paseo central. Nesta liña, subliñou que, aínda que todas as árbores son importantes, nun espazo como este teñen un valor sentimental, paisaxístico e patrimonial “especial”.

Con todo, fixo fincapé en que o número de árbores afectadas neste xardín histórico non alcanzaría “nin un 1%” do mil exemplares que hai na contorna da Alameda. “Estamos a falar dunha incidencia moi baixa neste espazo, onde as árbores resistiron en xeral bastante ben”, puntualizou.

LABORES PREVENTIVOS E DE VIXILANCIA

Así mesmo, lembrou que os labores preventivos e de vixilancia “son habituais” en todos os parques da cidade e que o tratamento deste xardín histórico conta cun traballo “diario e sistemático” de tarefas de poda, rega, plantación, abono e prevención de enfermidades, entre outras.

“A empresa concesionaria ten encomendado auditar o estado das árbores e de advertir dos problemas que poidan aparecer tomando as medidas oportunas en cada caso”, explicou Domínguez.

Neste sentido, destacou a importancia de manter un ecosistema san e unhas infraestruturas verdes “poderosas”, que aguanten estes refachos de vento, porque así a propia natureza fai de “barreira” e protexe deste tipo de episodios.

“PRIORÍZASE A CONSERVACIÓN”

Pola súa banda, Gregorio López esgrimiu que non puideron aproveitar nada dun dos tilos da Alameda debido a que os danos eran “moi grandes”, polo que procederon á súa eliminación. Aínda así, incidiu en que a política sempre é “priorizar a conservación”, é dicir, tratar de manter a estrutura dos exemplares.

Con todo, ambos coincidiron na “resiliencia” da Alameda e no nivel de resistencia das súas árbores, que “non é fácil atopar nun xardín histórico como leste”. Ademais, insistiron en que os fortes refachos de vento foron a causa das caídas, aínda que explicaron que a auga da choiva tamén fai un “efecto esponxa” sobre a terra e faina máis branda.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Falece aos 56 anos o neumólogo compostelán Juan Suárez, facultativo do CHUS e investigador do IDIS

O neumólogo compostelán Juan Suárez, que exercía o seu labor asistencial no Complexo Hospitalario...

Pedro Blanco felicita á Asociación de Xornalistas de Santiago polos seus 80 anos de vida

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, felicitou á Asociación de Xornalistas de...

A Policía Local de Santiago identifica o autor de verter un cento de sacos de cascallos en San Lourenzo

A Policía Local de Santiago identificou á persoa responsable de abandonar arredor dun cento...