InicioSANTIAGO25N-O Concello de Santiago aproba por unanimidade unha declaración institucional que leu...

25N-O Concello de Santiago aproba por unanimidade unha declaración institucional que leu a alcaldesa

A declaración subliña a necesidade de "intensificar os traballos na prevención da violencia machista que ten no feminicidio a súa máxima expresión"

Publicado o

Xornal de Compostela

Con motivo do 25N, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e representantes de todos os grupos municipais participaron este luns nun acto no que se deu lectura a unha declaración institucional aprobada de forma unánime. Unha declaración que chama a reflexionar sobre a orientación e eficacia das políticas contra a violencia machista.

Tanto a rexedora como os concelleiros Mercedes Rosón (PSdG), Borja Rubio (PP), María Rozas (CA) e Míriam Louzao (BNG) participaron na lectura do texto, na que tamén interveu o alumnado do IES Eduardo Pondal coa lectura de varios textos contra a violencia machista.

En concreto, a declaración subliña a necesidade de “intensificar os traballos na prevención da violencia machista que ten no feminicidio a súa máxima expresión”, así como “concentrar esforzos na educación e na eliminación dos micromachismos”.

Durante o acto, os responsables políticos lembraron o tres feminicidios rexistrados este ano en Galicia, os cales “acrecentan o cómputo de mulleres asasinadas en Galicia desde o inicio das estatísticas no ano 2003 ata máis de 70”.

Neste contexto, a Corporación municipal comprometeuse a “dedicar os recursos necesarios a traballar a favor da igualdade e pola eliminación da violencia contra as mulleres” e referiuse a algunha destas medidas. Como destinar o 1% do orzamento municipal á prevención da violencia machista e á prestación de servizos de atención ás vítimas, entre outras.

Con todo, a declaración tamén lembrou o “compromiso” do Concello co ‘Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero’ no seu papel como “primeiro punto de acceso, apoio e asesoramento para as mulleres vítimas de violencia machista e as súas familias” e instou á Xunta a “incrementar o orzamento destinado aos Centros de Información ás Mulleres”.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

O proxecto ‘Foliadas en Compostela’ pecha o ano cunha última foliada o 28 de novembro

O proxecto Foliadas en Compostela despedirá a programación de 2025 o vindeiro venres 28 de...

UCIN Santiago critica o sacrificio do can Gosu e acusa o Concello de “abandono institucional e cobardía política”

O coordinador local de UCIN Santiago, Diego Adrián Mallo Cao, manifestou este sábado o...

Boyanka Kostova actúa o 22 de outubro no Outono Cultural de Santiago

O Outono Cultural de Santiago acollerá o vindeiro martes 22 de outubro o concerto...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here