InicioSUCESOSEvacuado en helicóptero tras saírse da vía e chocar contra unha casa...

Evacuado en helicóptero tras saírse da vía e chocar contra unha casa en Val do Dubra

O suceso concretamente tivo lugar na DP-0701 ao seu paso por Portomouro

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha persoa resultou ferida e tivo que ser evacuada tras saírse da vía co seu vehículo e chocar contra unha casa no concello coruñés de Val do Dubra, concretamente na DP-0701 ao seu paso por Portomouro. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, o accidente ocorreu pouco antes das 15.00 horas deste sábado e foron testemuñas do accidente os que chamaron aos servizos de emerxencia para informar do ocorrido e explicar que un coche quedara atrapado nunha vivenda.

Ademais, o impacto provocou que o ocupante do vehículo quedase atrapado e fose necesaria a intervención dos bombeiros para liberalo. Unha vez que os bombeiros sacaron ao ferido do vehículo, este recibiu atención médica e foi evacuado. Ata o lugar dos feitos desprazouse persoal do parque comarcal de Santa Comba e profesionais de Emerxencias Sanitarias Galicia-061, que enviaron un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Unha persoa falece atrapada polo tractor que conducía en Val do Dubra

Unha persoa faleceu este luns nun accidente cun tractor en Val do Dubra, despois...

Val do Dubra acolle unha nova edición das Feiras de Abril con presenza institucional e ampla participación local

O concello de Val do Dubra iniciou esta mañá unha nova edición das Feiras...

A Real Academia Galega convida á veciñanza de Val do Dubra a preservar a microtoponimia local a través de Galicia Nomeada

A edición deste ano de 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' chega á...