InicioSANTIAGOVAL DO DUBRAUn neno resulta ferido grave tras ser atropelado por un turismo en...

Un neno resulta ferido grave tras ser atropelado por un turismo en Val do Dubra

O menor foi evacuado en helicóptero medicalizado ao hospital de referencia tras o accidente ocorrido en Portomouro

Publicado o

Xornal de Compostela

Un menor resultou ferido de gravidade na tarde deste mércores no concello coruñés de Val do Dubra, ao ser atropelado por un turismo na parroquia de Portomouro, concretamente na rúa de Entreponte. Segundo informou o 112 Galicia, o aviso chegou ás centrais de emerxencia arredor das 15:30, activándose de inmediato un operativo con medios sanitarios, forzas de seguridade e voluntariado.

O menor, que segundo os primeiros datos podería ter fracturas e un golpe na cabeza, foi evacuado nun helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o centro hospitalario de referencia. O propio alcalde do municipio confirmou a gravidade do estado do neno e a necesidade dun exame médico completo.

No dispositivo participaron profesionais do 061, Policía Local, Garda Civil de Tráfico e membros de Protección Civil de Val do Dubra, que colaboraron nas tarefas de asistencia e evacuación.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Val do Dubra acolle unha nova edición das Feiras de Abril con presenza institucional e ampla participación local

O concello de Val do Dubra iniciou esta mañá unha nova edición das Feiras...

A Real Academia Galega convida á veciñanza de Val do Dubra a preservar a microtoponimia local a través de Galicia Nomeada

A edición deste ano de 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' chega á...

O Goberno activa o Bono Cultural Xove 2025 e estima que 1.500 mozos da comarca de Santiago poderán beneficiarse

O Goberno de España puxo en marcha a edición 2025 do Bono Cultural Xove,...