InicioSUCESOSCircula borracha en sentido contrario pola AP-9 ata Teo

Circula borracha en sentido contrario pola AP-9 ata Teo

A muller foi detida

Publicado o

Xornal de Compostela

Axentes da Garda Civil detiveron a unha condutora que circulou decenas de quilómetros en sentido contrario pola AP-9 e que acabou interceptada na peaxe de Teo. Os feitos ocorreron na madrugada deste luns, cando varios condutores alertaron a Emerxencias de que un coche estaba a circular cara a Santiago polos carrís da AP-9 en dirección a Pontevedra.

A condutora foi finalmente interceptada na peaxe de Teo e, segundo confirmou a Garda Civil, trátase dunha veciña de Vilagarcía que deu positivo na proba de alcoholemia. A muller foi detida como presunta autora dun delito contra a seguridade viaria.

Dáse a circunstancia que, tamén nas últimas horas, un coche circulando en sentido contrario, nese caso na AG-55, acabou chocando con outro vehículo. Este accidente, que se saldou cunha persoa ferida, ocorreu a última hora da tarde do domingo no municipio de Cabana de Bergantiños.

ÚLTIMAS

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

A Garda Civil rescata no río Ulla o cadáver do veciño de Teo desaparecido

A Garda Civil recuperou na tarde deste sábado o corpo sen vida dun veciño...

Operativo de busca no río Ulla para localizar un veciño de Teo desaparecido desde o mércores

Distintos efectivos participan nun operativo de busca dun veciño de Teo, de 56 anos,...