InicioSANTIAGOBRIÓNO Concello de Brión actúa para minimizar os danos causados polo temporal...

O Concello de Brión actúa para minimizar os danos causados polo temporal Herminia

Publicado o

Xornal de Compostela

O paso do temporal Herminia deixou unha fin de semana complicada no municipio de Brión, onde as intensas chuvias e os fortes refachos de vento puxeron a proba os recursos municipais. Grazas á actuación coordinada entre o GES de Brión, o servizo municipal de obras e Protección Civil, baixo a dirección do alcalde, Pablo Lago, e o concelleiro de Obras, José Antonio Vidal, conseguiuse minimizar os danos en varios puntos críticos do concello.

Segundo explicou José Antonio Vidal, as intervencións comezaron o sábado con colocación de barreiras nas zonas máis vulnerables a asolagamentos, como as aldeas do Cabo, O Rial, Estrar, A Torre e Liñares. “Un dos puntos máis críticos foi a aldea do Cabo, que historicamente sofre inundacións por estar a un nivel inferior ao cauce do río. Nesta ocasión, conseguimos evitar que as vivendas resultasen afectadas como ocorrera hai unhas semanas”, sinalou Vidal.

O domingo o persoal municipal centrouse na limpeza de maleza e ramas caídas nos cauces do río, especialmente na ponte de Liñares, co obxectivo de facilitar o paso da auga. Ao mesmo tempo, traballouse na retirada de elementos caídos nos viarios e na limpeza de cunetas para previr acumulacións de auga en lugares como o Rial e as reixas de abastecemento. Estas tarefas continuaron durante a mañá deste luns.

O alcalde, Pablo Lago, agradeceu o esforzo do equipo municipal durante os días máis duros do temporal. “Sabemos que non fomos capaces de chegar a todos os núcleos e vivendas afectadas debido ás extremas condicións meteorolóxicas, pero estivemos ao lado dos veciños en todo momento e seguiremos traballando para mitigar os efectos deixados polo Herminia”, declarou.

PROBLEMAS CO SUBMINISTRO ELÉCTRICO

Ademais dos problemas provocados polas inundacións, varios núcleos como Boaventura, A Torre e Brans de Arriba quedaron sen subministro eléctrico dende a fin de semana. O Concello puxo en coñecemento de Naturgy a situación, solicitando unha intervención urxente. Segundo indicaron desde a empresa, a avaría débese a un problema nunha liña de media tensión. “Pedimos que actúen coa máxima celeridade para que o subministro poida ser restablecido canto antes”, explicou o concelleiro de Obras.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here