InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNOs Reis Magos reúnen centos de persoas no polideportivo do Forte durante...

Os Reis Magos reúnen centos de persoas no polideportivo do Forte durante o Festival de Reis de Boqueixón

A xornada combinou xogos infantís, recepción real e unha chocolatada, e completarase este martes cunha nova sesión do Boqueixogo aberta á participación

Publicado o

Xornal de Compostela

Melchor, Gaspar e Baltasar foron os protagonistas do tradicional Festival de Reis organizado polo Concello de Boqueixón, que se celebrou no polideportivo municipal do Forte cunha ampla asistencia de público. Centos de persoas, maioritariamente familias con crianzas, encheron o recinto para participar nunha xornada de lecer vinculada ás celebracións do Nadal.

A programación arrancou cunha nova edición do Boqueixogo, que puxo á disposición da rapazada diversos inchables e propostas lúdicas. Posteriormente tivo lugar a recepción das Súas Maxestades, na que os nenos e nenas puideron achegarse a Melchor, Gaspar e Baltasar para lembrar as súas peticións de agasallos. Ao remate do encontro, repartíronse lambonadas entre as crianzas asistentes.

O acto contou coa presenza do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e da concelleira de Servizos Sociais, Ángela Conde, que acompañaron á comitiva real durante o desenvolvemento da xornada. A celebración concluíu cunha chocolatada ofrecida ao conxunto das persoas asistentes.

A programación continuará hoxe martes, 6 de xaneiro, cunha segunda sesión do Boqueixogo, que se desenvolverá no polideportivo municipal do Forte entre as 17:00 e as 21:00. A actividade, dirixida á infancia, contará novamente con inchables variados e será de acceso libre e gratuíto.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

O Pico Sacro acolle a Cerimonia do Lume Sagrado para dar a benvida ao solsticio de verán

O Pico Sacro volveu converterse este mediodía nun espazo de encontro arredor da tradición...

A Xunta autoriza ambientalmente a transformación de 4,8 hectáreas forestais en viñedo no municipio de Boqueixón

A Xunta de Galicia concedeu a avaliación ambiental favorable a un proxecto de cambio...

Rueda anuncia investimentos en estradas e servizos sociais tras reunirse co alcalde de Boqueixón

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here