InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO Pico Sacro acollerá novas visitas espeleolóxicas o 16 de agosto

O Pico Sacro acollerá novas visitas espeleolóxicas o 16 de agosto

O Concello de Boqueixón e a Federación Galega de Espeleoloxía organizan unha nova edición das baixadas guiadas á cova lendaria

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pico Sacro, un dos espazos máis simbólicos do imaxinario galego e do Camiño de Santiago, volverá abrir as portas da súa cova interior o sábado 16 de agosto cun total de catro novas visitas guiadas organizadas polo Concello de Boqueixón e a Federación Galega de Espeleoloxía. A iniciativa, titulada Baixadas espeleolóxicas ás covas do Pico Sacro, permitirá a dezaseis persoas explorar un dos enclaves xeolóxicos máis singulares de Galicia nun percorrido vertical, técnico e cheo de lendas.

As quendas de visita serán ás 10:00, 12:00, 16:00 e 18:00, cun máximo de catro participantes por sesión, co obxectivo de garantir a seguridade e o acompañamento individualizado por parte de persoal técnico da Escola Galega de Espeleoloxía. O punto de encontro será o aparcamento do Pico Sacro, dende onde se iniciará o percorrido cara á entrada da cova. O prezo da actividade é de 30 euros por persoa, que inclúe material técnico (casco, frontal, buzo e guantes), seguro e monitoraxe especializada.

A visita, con aproximadamente hora e media de duración, comeza cunha explicación básica do uso de cordas, arneses e escaleiras, imprescindibles para abordar a entrada vertical polo coñecido como Pozo do Pico, onde se realiza un descenso por dous rápeles de 6 e 13 metros respectivamente. O percorrido continúa polo Pazo da Raíña Lupa, un dos puntos lendarios da cova, e remata cun ascenso final de 8 metros ata saír á Contramina de Juan Antón, tamén coñecida como Burato dos Mouros.

Dende a organización recoméndase levar roupa e calzado cómodos e pechados, axeitados para un entorno subterráneo. Para anotarse cómpre escribir ao correo espeleoloxia@gmail.com. Tamén se ofrece información adicional a través do teléfono da Federación Galega de Espeleoloxía (982 507 227), operativo de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30.

A actividade busca poñer en valor un enclave único no contexto xeolóxico galego, xa que o Pico Sacro é unha montaña de cuarzo nunha contorna dominada polo granito, e as súas covas forman parte do reducido grupo de cavidades visitables de Galicia, xunto coa coñecida Cova do Rei Cintolo en Mondoñedo. Esta combinación de relevancia patrimonial, xeolóxica e simbólica converte cada visita nunha experiencia de descubrimento que mestura ciencia, historia e mitoloxía.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here