InicioSANTIAGOAMESA escola amesá Dokkodo ofrecerá xornadas de portas abertas para a nova...

A escola amesá Dokkodo ofrecerá xornadas de portas abertas para a nova tempada de karate

Estas xornadas comezarán en setembro e permitirán probar a práctica sen experiencia previa

Publicado o

Xornal de Compostela

A escola amesá de karate Dokkodo iniciará a súa nova tempada deportiva no mes de setembro con xornadas de portas abertas para todas as persoas interesadas en probar o karate. Estas xornadas celebraranse en Bertamiráns e Bembibre de luns a xoves.

En Bertamiráns, as sesións estarán dispoñibles para karate infantil e xuvenil os luns e mércores de 18:30 a 19:30 horas, os martes tamén de 18:30 a 19:30 horas e os xoves de 18:00 a 19:00 horas. Tamén se ofrecerán clases de iniciación para cativos de entre 4 e 7 anos de 17:00 a 17:50 horas e de adultos os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas. En Bembibre, as clases de karate infantil terán lugar os luns e mércores de 18:00 a 18:50 horas.

Para participar nas xornadas de portas abertas, non se require experiencia previa. As persoas interesadas poden anotarse a través dunha ligazón dispoñible, e tamén se ofrece a opción de contactar coa escola chamando aos teléfonos 696 677 311 ou 609 053 664, ou enviando un correo electrónico a karatedokkodo@gmail.com. As prazas son limitadas e a información adicional está dispoñible nas redes sociais da escola en Facebook e Instagram.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here