InicioSANTIAGOAMESCase 40 rapaces participaron no programa de conciliación de Ames dirixido á...

Case 40 rapaces participaron no programa de conciliación de Ames dirixido á mocidade con diversidade

A iniciativa estivo en marcha durante xullo e agosto en Bertamiráns e contou con 38 participantes

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, organizou por primeira vez un programa de conciliación dirixido a mozos e mozas con diversidade funcional durante os meses de xullo e agosto. O programa, que se desenvolveu en Bertamiráns de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, contou con 38 participantes, 24 deles en xullo e 14 en agosto.

A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Uxía García, explicou que este novo programa nace “como resposta á demanda que viñan facendo moitas familias de Ames e da contorna”, co obxectivo de facilitar a conciliación durante o verán. García engadiu que “é o primeiro ano que organizamos este programa, polo que servirá para mellorar aspectos de cara a futuras edicións”. O programa tamén contempla a posibilidade de implicar a máis concellos na iniciativa nos próximos anos.

Durante o programa, os participantes realizaron diversas actividades, como obradoiros de cerámica, pintura, teatro, e relaxación. Entre as actividades máis populares destacaron os obradoiros de cociña, onde elaboraron pizzas, tortas e empanadillas. Tamén se organizaron saídas diarias a cafeterías e actividades de compra en grupo para fomentar a autosuficiencia.

Ademais, puxeron en marcha un clube de lectura, no que leron o libro Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dahl. Esta actividade está deseñada para mellorar a atención, a comprensión lectora e a memorización.

Os mozos e mozas tamén participaron en excursións á praia de Tapia e a Ponte Maceira, así como en rutas polo monte e arredores do río Tambre, co fin de coñecer diferentes localizacións da contorna amesá.

ÚLTIMAS

O colectivo de persoas racializadas da acampada do Obradoiro convoca unha concentración contra o racismo no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acollerá este luns 12 de outubro...

Verea acusa o Goberno de Santiago de non preparar a cidade para o Xacobeo 2027

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cuestionou a actuación do Goberno...

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Gemma Arenas bate o récord mundial W45 e logra o bronce no Mundial de 100 quilómetros de Ames

Ames converteuse este domingo nun dos principais escenarios do atletismo internacional coa celebración do...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here