InicioSANTIAGOAMESA Aula da Natureza organiza a Noite de Estrelas nos núcleos urbanos...

A Aula da Natureza organiza a Noite de Estrelas nos núcleos urbanos de Ames

As xornadas de observación estelar terán lugar no Milladoiro e en Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza a Noite de Estrelas como parte da súa programación estival. A actividade, que busca ofrecer unha experiencia de observación astronómica, terá lugar nos principais núcleos urbanos do concello durante os días 16 e 17 de agosto.

O venres 16 de agosto, a xornada celebrarase no anfiteatro fronte á igrexa do Milladoiro, mentres que o sábado 17 de agosto a actividade desenvolverase no paseo fluvial de Bertamiráns. Ambas as sesións comezarán ás 21:30 horas e finalizarán ás 00:00 horas.

Durante estas xornadas, os participantes, guiados polo astrónomo Antón Bouzas, terán a oportunidade de explorar o ceo nocturno e coñecer detalles sobre a lúa, as galaxias, as constelacións e planetas como Venus, Saturno e Xúpiter. Ademais, descubrirán aspectos diversos da astronomía, desde a observación práctica até a interpretación de cultos e mitos relacionados co ceo.

Para participar, é necesario realizar unha inscrición previa debido á capacidade limitada de prazas. Os interesados deben enviar un correo a auladanatureza@concellodeames.gal incluíndo o nome completo, teléfono de contacto e o lugar onde se collerá o bus. Recoméndase aos asistentes levar roupa cómoda, unha manta ou esterilla, e unha lanterna. A organización proporcionará telescopios para mellorar a experiencia de observación.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here