InicioSANTIAGOAMESParís de Noia e Los Satélites, entre as orquestras que enchen o...

París de Noia e Los Satélites, entre as orquestras que enchen o programa das festas da Peregrina en Ames

'Ames en festas' continúa en Bertamiráns do 7 ao 11 de agosto tras o éxito da Madalena no Milladoiro

Publicado o

Xornal de Compostela

Este mércores, 7 de agosto, arrancan en Bertamiráns as festas da Peregrina, que se prolongarán ata o domingo 11 de agosto, ofrecendo música e verbena para todos os públicos. Estes cinco días de celebracións súmanse aos cinco días de festa no Milladoiro coa Madalena, completando así dez días de troula no marco da programación ‘Ames en Festas’.

Os dous principais núcleos de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, celebran por terceiro ano consecutivo as súas festas de xeito conxunto. A iniciativa “Ames en Festas” é resultado da colaboración entre o Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina, e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

As celebracións comezaron no Milladoiro coas festas da Madalena, que atraeron preto de 7.000 persoas grazas á actuación da Orquestra Panorama, e rematan hoxe coa actuación da Orquestra Gran Parada. A partir de mañá, Bertamiráns tomará o relevo coa Peregrina.

O mércores 7 de agosto, ás 23:00 horas, comezarán as festas en Bertamiráns coa actuación da Orquestra París de Noia e a Disco Móbil CDC no campo da festa da Peregrina. O xoves 8 continuará a troula coa Orquestra Los Satélites no mesmo lugar e hora.

O venres 9, ás 21:00 horas, o parque do Ameneiral acollerá o concerto de Guadi Galego. Posteriormente, ás 23:00 horas, a festa trasladarase de novo ao campo da Peregrina coa verbena a cargo de La Banda de Ayer e a discoteca móbil Impacto.

Para o sábado 10 de agosto, está programada a actuación da Requinta da Amaía e a Coral Lojo Batalla, seguidos de Los Coleguitas e a discoteca móbil Fabrik. As festas culminarán o domingo 11 coas actuacións de Airiños do Paseo de Colón, da Banda de Música de Lousame e da Orquestra Tania Veiras.

Ademais, os días 7, 8 e 9 de agosto, as rúas de Bertamiráns serán animadas polos pasarrúas das charangas A Santa Compaña, Os Celtas e a BBB de Ourense.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here