InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames anuncia a reapertura con normalidade dos comedores escolares...

O Concello de Ames anuncia a reapertura con normalidade dos comedores escolares tras o brote de gastroenterite

Tras estabilizar o brote que afectou a un centenar de persoas, o Concello coordinará con Sanidade a reapertura segura dos servizos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames informou que os comedores escolares do municipio volverán funcionar con normalidade este luns, despois de controlar un brote de gastroenterite que afectou a unha escola da localidade. A decisión está respaldada pola información actual que confirma a seguridade para retomar o servizo, aínda que a última palabra a terán os técnicos da Consellería de Sanidade, que revisarán a situación ao comezo do día.

Segundo comunicou o Concello mediante unha nota de prensa, tamén está prevista unha reunión interdepartamental coa presenza de representantes da Consellería para abordar calquera imprevisto e asegurar unha reapertura sen incidentes. O alcalde, Blas García, reiterou a capacidade do Concello para xestionar de forma segura o servizo de conciliación escolar en caso de necesidade.

A semana próxima, os resultados das probas realizadas tanto ás mostras de comida como aos pacientes afectados deberían esclarecer a orixe exacta do brote. Por agora, o número de casos relacionados co brote no colexio Ventín ascende a uns 100, todos eles leves e sen necesidade de hospitalización, segundo confirmaron desde a Consellería de Sanidade. Ademais, continúase co seguimento e análise epidemiolóxica para comprender mellor o sucedido.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...