InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames rexeita apoiar os orzamentos municipais e critica a...

O BNG de Ames rexeita apoiar os orzamentos municipais e critica a negativa a reservar solo para vivenda pública

A formación nacionalista acusa ao goberno socialista de bloquear a negociación e de presentar unhas contas “continuístas e irreais”

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Ames anunciou que non apoiará os orzamentos municipais tras considerar que o goberno local non aceptou as súas principais propostas, entre elas a reserva dunha porcentaxe das cinco parcelas de titularidade municipal en Bertamiráns destinadas á venda para a construción de vivenda pública.

A formación nacionalista subliña que para eles é prioritario o ámbito social e que, neste contexto, a política de acceso á vivenda ocupa un lugar central. Segundo explican, trasladaron ao executivo municipal a proposta de destinar parte do solo municipal á promoción de inmobles de carácter público. A resposta negativa dos socialistas, que argumentaron que os procedementos se atopan xa en licitación e non poden ser modificados, xerou o receo do grupo nacionalista.

Desde o BNG sosteñen que o Concello podería desistir dos procesos en marcha por razóns de interese público, dado que as tramitacións non están resoltas. Neste sentido, a portavoz da formación, Escarlata Pampín, asegurou que “é imposible negociar con quen non está interesado” e engadiu que acudiron á xuntanza “coa mellor das vontades, pese a que nos chamaron cando xa estaba anunciada a data do pleno para a aprobación do orzamento, que era en menos de tres semanas, o que daba idea de que non tiñan nin o máis mínimo interese en dialogar”.

A formación nacionalista afirma que presentou propostas que cualifica de asumibles no ámbito municipal e orientadas a dar resposta a necesidades como o dereito ao acceso á vivenda, o envellecemento digno, a mellora das infraestruturas deportivas, a protección ambiental e o equilibrio entre o medio urbano e rural. Segundo a súa valoración, a maioría destas iniciativas non foron aceptadas polo goberno local. A voceira do grupo indicou que “presentamos unhas propostas plenamente asumibles dende o ámbito municipal e orientadas a dar resposta ás necesidades reais”, e engadiu que consideran que “o obxectivo foi dende sempre bloquear a negociación”.

O BNG lembrou tamén que en febreiro de 2024 facilitou coa súa abstención a aprobación dos orzamentos municipais, logrando incorporar algunhas propostas ás contas, aínda que, segundo sinalan, poucas se executaron. “Nós priorizamos daquela e agora as necesidades da veciñanza, fronte ó goberno socialista que pon por diante os intereses do seu grupo político, e iso nós non o podemos consentir”, apuntan.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Mehdi Elnabaoui e Sandra Mosquera gañan a XXV Carreira Pedestre de Ames entre máis de 1.200 inscritos

A XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames celebrouse este domingo, 18 de outubro,...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here