InicioSANTIAGOAMESAmes avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello impulsa a modernización das redes de abastecemento e saneamento cun investimento superior a 1,3 millóns de euros, financiado maioritariamente con fondos europeos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’, unha iniciativa orientada á dixitalización integral do ciclo urbano da auga, desde a captación ata a reutilización. O programa conta cunha axuda de 1.131.309,77 euros, procedente do PERTE para a dixitalización do ciclo urbano da auga, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, con financiamento dos fondos Next Generation EU.

O investimento global do proxecto ascende a 1.356.375,49 euros, dos cales o 83,40% está cuberto con fondos europeos, mentres que o 16,60% restante, equivalente a 225.065,72 euros, é achegado con recursos municipais. Segundo trasladou o goberno local, o obxectivo principal é dotar ao municipio de servizos modernos e de maior calidade, mellorando a eficiencia no uso dos recursos hídricos e reforzando a sustentabilidade ambiental.

Na actualidade estanse a executar catro actuacións principais, cun investimento conxunto de 418.144,78 euros. Entre elas destaca o contrato para o levantamento topográfico e inventariado das redes de abastecemento e saneamento, considerado unha peza clave dentro do proxecto. Esta actuación foi adxudicada á empresa Cartogalicia, S.L. por un importe de 168.161,68 euros (IVE incluído), o que supón unha redución do 21,7% respecto ao orzamento base de licitación, fixado en 214.765,86 euros.

Os traballos permitirán dixitalizar e xeorreferenciar todas as infraestruturas do ciclo integral da auga, incluíndo captacións, redes, estacións de bombeo, depósitos e depuradoras. Ademais, prevese a instalación de identificadores físicos con tecnoloxía QR e NFC, que facilitarán o acceso inmediato á información técnica a través de dispositivos móbiles, mellorando así as tarefas de mantemento e a planificación das infraestruturas hidráulicas.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, sinalou que “o Ames Dixital Water consta de tres grandes bloques: a planificación; a mellora, eficiencia e dixitalización; e a xestión da información”, destacando que se trata dun proxecto que “toca todos os puntos do ciclo integral da auga” e que aposta polo uso da tecnoloxía para unha xestión máis eficaz.

Segundo os datos facilitados polo Concello, xa se xeorreferenciaron máis de 25.800 puntos das redes de abastecemento e saneamento. Actualmente estanse a desenvolver tamén traballos de gabinete, quedando pendente a fase de verificación e validación en campo, co obxectivo de garantir a calidade e coherencia do inventario final.

Con esta actuación, o Concello de Ames dá un novo paso cara á modernización dixital da xestión da auga, sentando as bases para a creación dun xemelgo dixital municipal e aspirando a converterse nun modelo de referencia para outros municipios semiurbanos que afrontan retos similares no ámbito das infraestruturas hidráulicas e da sustentabilidade.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

Ames organiza o espectáculo ‘Garavanciña’ de Migallas Teatro dentro da programación do programa Apego

O programa Apego continúa a desenvolver a súa programación de actividades para o primeiro...

UCIN insta a PP e BNG a promover unha moción de censura no Concello de Ames

O coordinador de José Luis Calo, representante de UCIN, fixo pública a súa petición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here