InicioSANTIAGOAMESAmes debaterá no pleno a adhesión á Mancomunidade Serra do Barbanza e...

Ames debaterá no pleno a adhesión á Mancomunidade Serra do Barbanza e o Plan de Igualdade municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames celebrará este xoves 27 de novembro o pleno ordinario correspondente ao mes de novembro, unha sesión que chega con ampla carga administrativa e varios debates de alcance para a planificación municipal. O encontro poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Concello.

A orde do día ábrese coa toma de posesión de Beatriz Martínez Domínguez, sempre que estea dispoñible a acta da Xunta Electoral Central. De confirmarse, asumiría as áreas de Educación, Mocidade e Mobilidade. Tamén se dará conta dos decretos da Alcaldía, das catro actas da Xunta de Goberno correspondentes a outubro e novembro, e dos datos do terceiro trimestre de 2025 sobre pagamento a provedores e morosidade.

Entre os asuntos centrais figura a aprobación do Plan de Igualdade do Concello de Ames, dirixido ao persoal municipal e pactado na Mesa xeral de negociación o 21 de outubro. O documento, se recibe luz verde, deberá incorporarse ao futuro convenio colectivo.

Outro punto destacado será a proposta de desestimar o recurso de reposición da empresa Osventos Innovación e Servizos SL, que solicitara reverter a súa prohibición de contratar co Concello durante tres anos, un veto adoptado polo Pleno en setembro tras o informe da responsable do contrato.

A corporación estudará ademais a sexta modificación do Plan Estratéxico de Subvencións, necesaria para incluír 60.000 euros na liña dos Bonos Consuma correspondente ao exercicio 2025, así como a modificación das tarifas do centro deportivo municipal da Telleira previstas para 2026.

No capítulo territorial, o goberno local someterá ao Pleno a proposta de adhesión á Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza como membro de pleno dereito a partir de 2026. A decisión permitirá participar nos servizos comúns e na xestión intermunicipal. O Concello tamén analiza recorrer a cota extraordinaria aprobada pola Mancomunidade ao considerar que non todos os conceptos incluídos son axeitados.

A sesión incluirá a corrección de deficiencias formais no proxecto de pavimentación de viarios en Villaverde (Piñeiro), dentro do POS+2025, así como a aprobación da segunda fase do POS+ Adicional 4/2025, que contempla a renovación de beirarrúas na avenida da Maía ata o límite con Brión. Tamén se votará a devolución da garantía definitiva do servizo de abastecemento e saneamento solicitada pola antiga concesionaria Espina & Delfín, SL.

O apartado final do pleno recollerá dúas mocións do grupo municipal do BNG, centradas no impacto das obras na N-550 sobre o comercio do Milladoiro e na exixencia de reforzar os recursos públicos fronte á violencia machista.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here