InicioSANTIAGOAMESO programa Apego organiza en Bertamiráns unha sesión de contos sobre Castelao...

O programa Apego organiza en Bertamiráns unha sesión de contos sobre Castelao para familias con crianzas

O Pazo da Peregrina acollerá o 28 de novembro ás 18:00 a proposta 'Alfabeto Castelao', con inscrición previa a través do Servizo de Normalización Lingüística de Ames

Publicado o

Xornal de Compostela

O programa Apego do Concello de Ames mantén activa a súa oferta de actividades para a primeira infancia nestes meses de outono e convoca para o venres 28 de novembro, ás 18:00, unha nova proposta en Bertamiráns. Trátase da sesión de contos ‘Alfabeto Castelao’, que terá lugar no Pazo da Peregrina e que correrá a cargo da narradora Soledad Felloza, á que desde a organización presentan como “unha das mellores contadoras do país”.

Con esta actividade, o programa insírese na conmemoración do Ano Castelao, ofrecendo unha achega específica para o público infantil e familiar. A sesión está dirixida a familias con crianzas a partir de 3 anos e será de balde, mais require inscrición previa. A proposta enmárcase na liña de traballo de ‘Apego’, que procura reforzar os espazos de socialización en galego desde as idades máis temperás.

Segundo explica o Concello, ao longo da tarde tecerase “un camiño cheo de historias, emocións e contos” que servirá para acompañar ás familias no universo creativo e humano de Castelao, figura central da cultura galega contemporánea. A través dun enfoque lúdico, búscase que as crianzas se acheguen á súa obra e ao seu pensamento, poñendo no centro a lingua galega e a importancia de difundir a cultura propia entre as novas xeracións.

O prazo de inscrición permanece aberto desde este xoves 20 de novembro e rematará o xoves 27. As persoas interesadas en participar deberán remitir un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal, indicando nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e teléfono de contacto. Desde o Servizo de Normalización Lingüística lembran que non se admitirán solicitudes fóra de prazo e que as prazas se irán asignando por orde de recepción das inscricións.

Ademais desta sesión, o proxecto Apego continúa a ofrecer nestes derradeiros meses do ano diferentes propostas lúdicas en galego para a infancia, co obxectivo de acompañar ás familias no proceso de transmisión da lingua. O programa vai dirixido ás que están a agardar un bebé ou teñen crianzas de entre 0 e 6 anos, e combina accións formativas, materiais específicos e actividades de ocio compartido.

As familias que desexen sumarse de maneira máis estable ao programa poden facelo a través do Servizo de Normalización Lingüística de Ames, ben escribindo ao mesmo enderezo normalizacion@concellodeames.gal, ben chamando ao teléfono 662 377 215. Tamén é posible adherirse cubrindo o formulario ‘Súmate ao apego’, dispoñible na páxina web apego.gal, desde onde se ofrece información xeral, recursos e novidades sobre este proxecto colaborativo de dinamización lingüística.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here