InicioSANTIAGOAMESA carreira pedestre de Ames reúne máis de 1.500 participantes baixo a...

A carreira pedestre de Ames reúne máis de 1.500 participantes baixo a choiva en Bertamiráns

Iván Puentes e Andrea Iglesias impuxéronse na proba absoluta 10K, mentres que Ignacio García e María Isabel Ferrer gañaron o Campionato de España máster 5K

Publicado o

Xornal de Compostela

A localidade de Bertamiráns acolleu este domingo unha nova edición da Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que volveu converterse nunha gran festa deportiva a pesar da choiva persistente. Preto de 1.500 corredores e corredoras participaron nunha xornada que combinou deporte, convivencia e espírito popular, enmarcada no XI Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

Na proba absoluta de 10 quilómetros, o vencedor foi Iván Puentes Barcía, do Club Atletismo Narón, cun tempo de 30:42, seguido polo seu compañeiro Pedro Liste Monteagudo (31:20) e por Alejandro Fernández Rivera (31:32). Na categoría feminina, o triunfo correspondeu a Andrea Iglesias Carballido, do Athletics San Lázaro, que completou o percorrido en 40:04. Patricie Viadel Turjanicová (Atletismo Santiago) e Paula González Gómez (La Cerezal Team) ocuparon a segunda e terceira praza, respectivamente.

Na clasificación local, os mellores tempos masculinos foron para Pablo Díaz Oíza (33:26), Modesto Rouco Almuíña (37:03) e Luis Miguel Feito Mirás (37:24). En mulleres, destacaron Marinela Mayo Caamaño (43:18), Shaila Muñiz Pérez (45:30) e Maica Viaño Nieto (49:07). O Club Atletismo Sar proclamouse gañador por equipos, seguido do Club Tríatlon Compostela e o Noitebra.

De xeito paralelo celebrouse o Campionato de España máster 5K, no que Ignacio García Ramón (Adas Cupa, máster 35) se impuxo na categoría masculina cun rexistro de 15:28, mentres que María Isabel Ferrer Castell (C.A. Llebeig, máster 40) foi a máis rápida en mulleres, con 17:42.

O atleta amesán José Fernando Sainz García, do Atletismo Sar, acadou o título nacional máster 75, establecendo un novo récord de España cun tempo de 22:11. Pola súa banda, o tamén amesán Jorge Crespo Arias proclamouse campión de España máster 45 cunha marca de 15:43.

Na categoría sub18, os gañadores foron Uxío Rudiño Lorenzo (Atletismo Negreira) e María Estévez Vázquez (Sociedade Gimnástica de Pontevedra), completando un percorrido de 5,25 quilómetros. A atleta local Mariela Quijano Fernández (Ames Atletismo Savante) obtivo a cuarta posición.

A entrega de trofeos tivo lugar na praza do Concello, onde se recoñeceu aos tres primeiros clasificados de cada categoría e aos mellores corredores empadroados en Ames. Ademais dos trofeos e medallas, outorgáronse premios en metálico aos catro primeiros postos da proba absoluta e aos clubs gañadores. A empresa BeOne A Telleira agasallou cun vale de tres meses de ximnasio aos primeiros atletas locais en cruzar a meta.

O evento contou coa organización do Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo, coa colaboración dos clubs locais MillaRaio, Sar e Ames Atletismo, así como da Policía Local, Protección Civil e o Club Ciclista Os Esfola Arrós, encargados do dispositivo de seguridade e acompañamento. O Comité de Xuíces da Delegación de Santiago supervisou o desenvolvemento da proba, que transcendeu con normalidade e consolidou a carreira amesá como unha das citas máis destacadas do calendario atlético galego.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here