InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames aproba a licitación para mellorar rúas en Bertamiráns...

O Concello de Ames aproba a licitación para mellorar rúas en Bertamiráns e Ortoño

As actuacións inclúen a remodelación da rúa Telleira, a mellora da rúa Rueiro, a pavimentación do camiño do Rueiro e o acondicionamento do viario entre A Condomiña e Punxeiras

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames deu un novo paso no seu plan de mellora viaria ao aprobar a licitación dun proxecto de pavimentación en Bertamiráns e Ortoño, cun orzamento base de 147.363,33 euros financiado a través do POS+ 2025.

Segundo explicou o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, a iniciativa forma parte dun paquete máis amplo de proxectos municipais incluídos no POS principal, que suman 1.073.870 euros. No caso agora aprobado, actuará en tres rúas do núcleo urbano de Bertamiráns —Rueiro, Telleira e un treito do camiño do Rueiro dende a avenida da Peregrina—, así como no viario que conecta A Condomiña con Punxeiras, na parroquia de Ortoño.

A intervención máis destacada será a remodelación da rúa Telleira, onde se ampliarán as beirarrúas ata dous metros, transformarase o viario en sentido único con carril de tres metros e zonas de estacionamento regulado, e instalarase nova iluminación pública. Tamén se construirá unha isleta peonil, dous pasos de peóns —un deles sobreelevado— e adaptarase a rede de pluviais.

Na rúa Rueiro, o proxecto prevé a renovación da capa de rodaxe nas zonas máis deterioradas, a sinalización horizontal completa e a instalación de seis elementos redutores de velocidade e catro sinais verticais.

O camiño do Rueiro contará cunha nova capa de pavimento nun treito de 80 metros desde a avenida da Peregrina, coa correspondente sinalización horizontal e vertical.

Por último, o viario que une A Condomiña con Punxeiras será pavimentado ao longo de 225 metros, con reparación de fochancas, limpeza de gabias, pintado de marcas viarias e a renovación dun sinal de stop.

Nieto destacou que “é importante o mantemento e acondicionamento das rúas urbanas e dos camiños do rural” e lembrou que estas actuacións se enmarcan no plan de mellora das infraestruturas municipais sufragado pola Achega provincial do POS+ 2025, que destina a Ames 747.709,95 euros.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here