InicioSANTIAGOAMESAmes licita por 128.415 euros as obras de mellora da seguridade viaria...

Ames licita por 128.415 euros as obras de mellora da seguridade viaria en Covas

O proxecto inclúe a creación dunha senda peonil de 465 metros

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou a licitación das obras de mellora da seguridade viaria na parroquia de Covas, un proxecto que conta cun investimento de 128.415,69 euros e que se financia a través do POS+ Adicional 2/2024. A intervención principal consistirá na creación dunha nova senda peonil de 465 metros entre A Igrexa e O Lombao, unha actuación que se suma á xa executada previamente para conectar Covas co núcleo urbano de Bertamiráns.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, destacou que esta nova intervención reforza o compromiso do Concello coas infraestruturas do rural. Segundo explicou, a obra permitirá “mellorar a seguridade viaria da zona, garantindo un espazo adecuado para o tránsito peonil e reforzando a accesibilidade no núcleo”.

A mellora da seguridade viaria en Covas é unha das catro actuacións incluídas na primeira fase do POS+ Adicional 2024, xunto á pavimentación de viarios en Castro de Ortoño e Biduído de Arriba, e a creación dunha senda peonil entre A Ponte Maceira e Carballo, en Trasmonte. O orzamento total destas intervencións ascende a 731.866,86 euros.

O plan contempla a construción dunha cuneta transitable na marxe dereita da estrada cun ancho medio de 1,80 metros, aínda que nos últimos 55 metros da vía o espazo dispoñible reducirá esta medida a 1 metro.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here