InicioSANTIAGOAMESAmes presenta un conto dos Bolechas ambientado na Carballeira dos Trasnos

Ames presenta un conto dos Bolechas ambientado na Carballeira dos Trasnos

O proxecto busca achegar aos máis pequenos este espazo natural como lugar de encontro e lecer

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames presentou este martes na Escola Infantil Municipal O Bosque o conto “Os Bolechas: A Carballeira dos Trasnos”, unha nova historia protagonizada polos coñecidos personaxes creados por Pepe Carreiro. O relato está ambientado na Carballeira dos Trasgos de Ventín e pretende fomentar o coñecemento deste espazo natural entre a infancia, así como potenciar o seu uso como área de encontro e lecer para as familias.

O acto contou coa presenza do alcalde de Ames, Blas García, quen estivo acompañado polo concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, a concelleira de Educación, Carmen Porto, e a técnica da Aula da Natureza, Patricia Reboreda.

O conto presenta unha nova aventura dos Bolechas, que nesta ocasión viaxan ata a Carballeira dos Trasnos para escoller os seus disfraces de Entroido. Durante a súa visita, descobren a fauna e a flora do espazo e deciden inspirarse nos animais do bosque para crear os seus disfraces. O relato conclúe cun xantar na carballeira, recordando a tradición de empregar estes espazos naturais como lugares de encontro e convivencia.

O concelleiro de Medio Natural, Javier Antelo, subliñou que este proxecto busca dar visibilidade á Carballeira dos Trasnos e fomentar o seu uso entre a veciñanza. “Queremos que a xente vexa este espazo como un lugar propio para reunirse e desfrutar da natureza”, explicou.

Pola súa banda, a técnica da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, destacou a importancia de usar personaxes recoñecidos como os Bolechas para achegar este tipo de contidos á infancia dun xeito ameno e atractivo. “A nosa idea é que a carballeira volva ser un espazo habitual para as familias, como sucedía antes, onde poidan pasar o día, merendar e xogar”, sinalou.

O Concello de Ames colaborou coa editorial Bolanda e co ilustrador Pepe Carreiro para dar forma a este proxecto. “Desde o principio viron moi clara a idea e souberon como trasladala á historia dos Bolechas”, explicou Reboreda. Ademais, destacou que a decisión de relacionar a fauna local cos disfraces de Entroido foi un acerto, xa que os animais son un elemento moi atractivo para os nenos.

ÚLTIMAS

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here