InicioSOCIEDADEO Concello de Santiago avanza cara unha mobilidade sostible con novas normas...

O Concello de Santiago avanza cara unha mobilidade sostible con novas normas de circulación

O Plan de Mobilidade Urbana Sostible prioriza os desprazamentos a pé e en bicicleta, impulsando unha cidade máis amable e saudable.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pleno do Concello de Santiago aprobou, por unanimidade, a modificación da Ordenanza de Circulación e Uso da Vía Pública, que permitirá a circulación de bicicletas pola zona histórica a unha velocidade máxima de 10 km/hora, así como dos VMP, pero non para uso turístico. Este foi un dos documentos “fundamentais” — xunto ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) — que se aprobou na Xunta de Goberno do pasado 16 de setembro.

Naquel momento, o concelleiro de mobilidade , Xan Duro, xa avanzaba que a ordenanzan levaría ao Pleno de setembro para a súa aprobación definitiva, mentres que o PMUS presentarase nun acto público previsto para o mes de outubro.

Ambos os textos, explicaba, pretenden “avanzar cara a un novo modelo de mobilidade, no que teñan protagonismo os modos brandos de transporte e que priorice os desprazamentos a pé e en bicicleta“. “Trátase de ter unha cidade a medida das persoas e non dos vehículos, máis amable e mesmo máis saudable“, asegurou.

Esta mañá, o concelleiro explicou algunhas das alegacións que se aceptaron (en total presentáronse 39). Entre elas, que as bicicletas poidan circular no dous sentido en determinadas vías dun único sentido; que poidan adiantar aos vehículos detidos pola súa esquerda in interferir no tráfico para acceder ás plataformas semafóricas deseñadas para elas; ou que poidan transportar a persoas en asentos ou remolques específicos debidamente homologados.

En relación ao estacionamento, autorízase a que, en caso de non haber aparcadoiros específicos gratuítos, póidanse utilizar elementos de mobiliario urbano que non sexan postes da luz, semáforos, bancos e papeleiras, nin tampouco árbores. “É dicir, fundamentalmente, sinais de tráfico”, aclarou.

Tamén hai modificacións no réxime de mobilidade da cidade histórica onde, “escoitando unha alegación da asociación de repartidores”, increméntase en media hora o horario de repartición — estaba previsto de 7.30 a 9.30 horas –.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

A reunión anual do proxecto europeo Epilunar avalía en Santiago o primeiro ano de avances na inmunoterapia do cancro de pulmón

Santiago de Compostela acolleu este mércores a reunión anual de seguimento do proxecto europeo...

Rosa Crujeiras expón á alcaldesa a súa proposta para reforzar a colaboración estratéxica entre a USC e Santiago

A catedrática de Matemáticas e candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela,...