InicioSANTIAGOAntón Acevedo participa nun curso da USC sobre a promoción de hábitos...

Antón Acevedo participa nun curso da USC sobre a promoción de hábitos saudables

O director xeral de Maiores destaca as políticas de envellecemento activo da Xunta de Galicia no Colexio Maior Rodríguez Cadarso

Publicado o

Xornal de Compostela

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no curso “Claves para lograr un estilo de vida activo e unha alimentación saudable”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. O evento, que se celebrou no Colexio Maior Rodríguez Cadarso do 3 ao 5 de setembro, inclúe unha serie de conferencias, obradoiros e mesas de debate sobre estratexias para fomentar hábitos saudables na poboación.

Durante a súa intervención na mesa dedicada ás estratexias públicas para promover hábitos saudables, Acevedo subliñou a importancia de manter un estilo de vida activo, especialmente entre as persoas maiores. Tamén destacou as políticas de envellecemento activo da Xunta de Galicia, que buscan mellorar a calidade de vida da poboación maior a través da promoción da actividade física e unha alimentación equilibrada.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

O Concello asegura que a maior parte das prazas de estacionamento de Xoán XXIII “están ocupadas” tras as queixas veciñais

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, confirmou...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here