InicioSANTIAGOUnha nova 'Ruta contra os discursos de odio' en Santiago centrarase nas...

Unha nova ‘Ruta contra os discursos de odio’ en Santiago centrarase nas loitas sociais históricas e actuais

Un grupo de 24 activistas avalía realizar outras accións de devolución, como un encontro entre asociacións estratéxicas do cooperativismo en Madrid

Publicado o

Xornal de Compostela

As 24 persoas participantes na ‘Ruta contra os discursos de odio’, que este luns chegou a Santiago tras percorrer durante nove días Castela e León, Asturias e Galicia, preparan unha nova inidicativa similar centrada nas distintas loitas sociais, tanto históricas como actuais, da capital galega.

Ademais, estes mozos —procedentes de Asturias, Euskadi, Galicia, Aragón, Madrid e Andalucía— avalían realizar outras accións de devolución, como un encontro entre asociacións estratéxicas do cooperativismo en Madrid.

Esta ruta organizada por Aventeira, unha cooperativa de educación non formal, conseguiu unir a estes 24 activistas que este luns chegaron a Santiago tras nove días nos que puideron coñecer a historia da resistencia antifranquista da Cidade da Selva, as reivindicacións das mariscadoras das Rías Baixas e as loitas mineiras do século XX en Langreo, entre outras.

Durante a clausura desta acción, a subdirectora xeral de Análise e Estratexia da Axenda 2030 do Goberno de España felicitounos e instounos a loitar contra os discursos de odio no contexto actual. Tamén participaron outras autoridades como o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro.

ÚLTIMAS

O estudantado e persoal docente mobilízase ante o Parlamento para reclamar a continuidade do Máster en Matemáticas da USC

Estudantes, docentes e investigadores da USC mobilizaranse mañá diante do Parlamento de Galicia para reclamar...

Traballadoras de residencias claman por un convenio “digno”: ‘Fabiola, covarde, a xente está que arde’

Decenas de traballadoras de residencias privadas de maiores e do Servizo de Axuda no...

Un movemento veciñal de Santiago oponse ao derrube do antigo Peleteiro co apoio do PP

Un novo movemento veciñal xurdido no Ensanche compostelán --que se define como "independente e...

Santiago celebra o Orgullo cun mes cheo de actividades culturais, educativas e reivindicativas

O Concello de Santiago de Compostela vén de anunciar unha nova campaña institucional centrada...

Un movemento veciñal de Santiago oponse ao derrube do antigo Peleteiro co apoio do PP

Un novo movemento veciñal xurdido no Ensanche compostelán --que se define como "independente e...

Santiago acollerá a edificación do Instituto de Investigación Sanitaria

O Concello de Santiago comeza a tramitar a creación dun edificio propio para o...

Familias do Colexio Trisquel estudan accións legais se non cesan as irrupcións de refuxiados no recinto

Un grupo de familias do Colexio Trisquel Compostela International volveron denunciar este luns a situación de...