InicioSANTIAGOA USC ascende no ránking de Shanghai e destaca en múltiples materias

A USC ascende no ránking de Shanghai e destaca en múltiples materias

A Universidade de Santiago de Compostela alcanza unha mellora na clasificación mundial e nacional en 2024

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) logrou un ascenso significativo no Ránking de Shanghai de 2024, situándose no intervalo 501-600 das mellores universidades a nivel mundial. Este avance en comparación co ano anterior, cando a USC estaba no intervalo 601-700, reflecte unha mellora no rendemento e na calidade da súa investigación.

Neste ránking, a USC acada o seu máximo histórico no número de artigos publicados en revistas de prestixio como Nature e Science. Tamén mellorou na puntuación HiCi, que se refire ao número de artigos indexados en Science Citation Index-Expanded e Social Science Citation Index. Ademais, a USC obtén boas clasificacións no número de investigadores altamente citados e no rendemento académico per cápita.

O Ránking de Shanghai avalía máis de 2.500 universidades baseándose en diferentes indicadores de rendemento investigador, como a obtención de Premios Nobel e Medallas Fields, publicacións en revistas de alto impacto e citas en bases de datos especializadas.

En canto á clasificación por materias, a USC tamén obtiña un recoñecemento destacado. No ámbito de Ciencias Naturais, a universidade sobresae en Matemáticas (intervalo 301-400), Física (201-300) e Química (301-400). En Enxeñaría, a USC figura en Enxeñaría e Ciencias Medioambientais (301-400), Biotecnoloxía (301-400) e Ciencias da Alimentación e Tecnoloxía (151-200).

No campo de Ciencias da Vida, a USC destaca en Bioloxía (401-500), Veterinaria (101-150) e Ciencias Agrícolas (201-300). Ademais, en Ciencias Médicas, sobresae en Odontoloxía (101-150) e Farmacia e Ciencias Farmacéuticas (151-200). Finalmente, en Ciencias Sociais, a USC destaca en Ciencias Políticas (201-300) e Psicoloxía (401-500).

A clasificación do Ránking de Shanghai realiza unha sondaxe de excelencia académica dende 2017, na que participaron 1.447 docentes de 122 universidades de diversos países. Este proceso evalúa indicadores como a transferencia de resultados de investigación, a calidade e o influzo da investigación, así como as colaboracións internacionais e os premios académicos.

ÚLTIMAS

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

O comité de Tralusa e delegados de Aulusa denuncian “escurantismo” sobre o contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela comeza a xerar preocupación...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Fly2Galicia asegura que están garantidos os voos a partir do 1 de decembro cun único avión de White Airways

A turoperadora Fly2Galicia asegura que manterá a programación de voos chárter desde o aeroporto...

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here