InicioSANTIAGOIdentificado o bispo Teodomiro, descubridor da tumba do Apóstolo Santiago, con...

Identificado o bispo Teodomiro, descubridor da tumba do Apóstolo Santiago, con probas de ADN

Os primeiros estudos, que identificaron os restos que repousaban neste sepulcro cos dun home falecido a idade avanzada, foron postos en dúbida nos anos 1980

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha investigación multidisciplinar permitiu identificar a través de probas de ADN ao bispo Teodomiro, considerado polo mito apostólico como o descubridor no século IX da tumba do Apóstolo Santiago no territorio onde se levantou a actual capital galega, meta dun dos principais puntos de peregrinación do mundo.

Tras séculos nos que se puxo en dúbida a propia existencia do bispo de Iria Flavia –Padrón–, o arqueólogo Manuel Chamoso Lamas localizou en 1955 nunha necrópole situada baixo a Catedral compostelá unha lápida atribuída a Teodomiro que databa a súa morte no ano 847 d.C., segundo lembra a Fundación Catedral nun comunicado no que este martes informa as conclusións do estudo internacional liderado polo compostelán Patxi Pérez Ramallo.

Os primeiros estudos, que identificaron os restos que repousaban neste sepulcro cos dun home falecido a idade avanzada, foron postos en dúbida nos anos 1980 tras realizarse novos exames que suxerían que correspondían a unha muller e, por tanto, non se trataba do bispo ao que, segundo a lenda apostólica, recorreu o ermitán Pelayo tras presenciar unha choiva de estrelas que descendía sobre un campo ao que se dirixiu e onde atopou un antigo mausoleo.

Teodomiro, responsable dun dos poucos bispados que operaban na península tras a invasión musulmá de comezos do século VIII, determinou, grazas unha revelación despois de tres días de meditación e xaxún, que aquel mausoleo localizado por Pelayo albergaba os restos de Santiago o Maior, discípulo de Jesuscristo.

O bispo puxo o asunto en coñecemento do rei Alfonso II de Asturias, que ordenou a construción dunha igrexa na contorna da tumba, inicio de tradición de peregrinaxe ao que hoxe é Santiago de Compostela coa ruta coñecida como o Camiño Primitivo.

PROBAS DE ADN

O avance da tecnoloxía permitiu que, máis de medio século despois da localización do sepulcro por Chamoso Lamas, unha investigación internacional encabezada polo santiagués Patxi Pérez Ramallo, da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU) en colaboración co Instituto Max Planck de Xeoantropoloxía e a Universidade de Estocolmo, entre outras; permitise concluír que aqueles restos corresponden a Teodomiro.

Así, os estudos permiten soster aos investigadores que a tumba contén os ósos dun só individuo, que falecería con 45 anos ou máis no ano 847 d.C., co que concordaría coa inscrición do sepulcro localizado na cripta da basílica compostelá.

Ademais, os isótopos estables de osíxeno analizados tamén levan aos investigadores a afirmar que o individuo residiu preto da costa, coincidindo coa localización de Iria Flavia, localidade do concello coruñés de Padrón próxima á desembocadura do río Ulla que dá forma á ría de Arousa.

O estudo arqueoxenético feito polos expertos da Universidade de Estocolmo concluíu que o perfil xenético desviábase de forma lixeira do dos europeos modernos e mostraba unha liña máis próxima á dos íberos romanos, os visigodos do sur de Iberia e as poboacións islámicas ibéricas.

Isto concorda co perfil dunha persoa que viviu no territorio da actual España hai 1.200 anos e coinciden con estudos anteriores que apuntana a patróns migratorios como consecuencia da conquista musulmá da península polo Califato Omeya durante o século VIII.

A Fundación Catedral recoñece as dificultades para autentificar a identidade dunha persoa falecida hai 1.200 anos, pero dá por boas as probas que o relacionan co bispo Teodomiro, que se convertería “no personaxe histórico identificado máis antigo de España e un dos máis antigos de Europa”.

ÚLTIMAS

Quen era o Cardeal Payá e por que temos una rúa co seu nome?

Probablemente coñezas a Rúa do Cardeal Payá. Si, onde está o Novena Porta. Pero...

O concello asume que “será moi difícil” que a taxa turística comece en xaneiro

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e o director de Turismo de Galicia, Xosé...

Sete migrantes deberán abandonar o Monte do Gozo tras recibir unha negativa á súa solicitude de asilo

Sete persoas migrantes (de Mali e outros países) que permanecían aloxadas no Monte do...

AXENDA CULTURAL: Eventos destacados para esta fin de semana en Santiago de Compostela e arredores

Esta fin de semana en Santiago de Compostela varios eventos ofrecen alternativas para todos...

Sete migrantes deberán abandonar o Monte do Gozo tras recibir unha negativa á súa solicitude de asilo

Sete persoas migrantes (de Mali e outros países) que permanecían aloxadas no Monte do...

Prorrogado o convenio de transporte metropolitano de Santiago até 2028 entre Xunta e concellos

A Xunta e os 18 concellos da área de transporte metropolitano (ATM) de Santiago...

Goretti saúda que a Xunta busque alternativas á senda do Banquete de Conxo: “Había outras opcións”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, saúda que a Xunta se abra a buscar...