InicioPOLÍTICAO PP de Santiago critica que o Goberno local sexa "incapaz" de...

O PP de Santiago critica que o Goberno local sexa “incapaz” de pór en marcha “medidas mínimas” en materia de turismo

María Baleato atribúe a baixa ocupación de xullo ás medidas do Goberno local e critica a falta de atratividade das festas do Apóstolo.

Publicado o

Xornal de Compostela

A edil do PP de Santiago María Baleato criticou que o Goberno local sexa “incapaz” de pór en marcha “medidas mínimas” de turismo na capital galega. Tal e como trasladaron os populares nunha nota de prensa, as cifras de ocupación hoteleira do mes de xullo, segundo datos dos hoteis asociados á Unión Hoteleira de Compostela, “están nun 76% de ocupación media”, o que, na súa opinión, “convérteo no peor mes da tempada alta”.

Neste contexto, pediu ao BNG que, “no caso de que verdadeiramente teñan unha estratexia turística, a reformulen de forma urxente e inspírense en casos de éxito” para non levar á cidade “á apocalipse turística”. Nesta liña, remarcou que esta situación “non é boa para Santiago”, algo que o PP, engadiu, “xa advertiu” e considera que “é consecuencia das medidas alarmistas que os nacionalistas promulgan”.

A percepción que reciben os turistas de non ser ben recibidos; as pintadas e carteis con insultos cos que se atopan; a falta de ambición na planificación cultural e de lecer e o pouco atractivo das festas do Apóstolo, lonxe de producir unha mellora nos resultados de ocupación, o que provocan é unha perda de ocupación, feito que se aparta do obxectivo de incrementar as pernoctaciones, que todos deberiamos compartir”, sinalou.

Así mesmo, a popular reprochou que as festas do Apóstolo “non foron un revulsivo para a ocupación hoteleira da cidade” como si o foi, opinou, O Son do Camiño. Por último, manifestou que “non hai na cidade unha oferta cultural atractiva que sitúe a Santiago nun nivel superior na comparativa con outros destinos próximos, que si conseguen que a estancia media de turistas suba”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Concello de Santiago adxudica 61 prazas do programa ‘Compostela Concilia’ para a quenda de Entroido

O Concello de Santiago publicou a listaxe provisional de prazas adxudicadas no programa municipal...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...