InicioPOLÍTICAAitor Bouza ameaza con expedientar ao Grupo Municipal se non se cesa...

Aitor Bouza ameaza con expedientar ao Grupo Municipal se non se cesa a dous traballadores

Dá 5 días ao portavoz municipal para que formalice o cambio do persoal eventual.

Publicado o

Xornal de Compostela

A dirección do PSOE compostelán, que encabeza Aitor Bouza, deu cinco días ao portavoz do grupo municipal, Gonzalo Muíños, para que formalice o cambio do xefe de prensa e a xefa de gabinete que traballan para a formación no Concello de Santiago ou procederá a incoarlle as correspondentes dilixencias disciplinarias.

En concreto, na súa reunión a última hora de luns pasado, a executiva municipal acordou o cesamento de dous traballadores do Grupo Municipal unha asesora de gabinete e un asesor de comunicación para nomear, no seu lugar, a outras dúas persoas.

Fontes da dirección local aseguraron que esta decisión estaba acordada con anterioridade á celebración do pleno municipal no que os seis concelleiros socialistas en bloque decidiron romper a disciplina de voto marcada pola executiva e apoiar unha ordenanza sobre a comunicación das VUT. Con todo, este feito prodúcese en plena crise aberta na agrupación local.

Así as cousas, nunha resolución remitida ao portavoz municipal á que tivo acceso Europa Press, a dirección local do partido lembra que as corporacións locais dependen dos órganos de dirección correspondentes, neste caso a executiva local e cuxas resolucións deben acatar. Ademais, incide en que, entre outras competencias, ten a capacidade de establecer as directrices que orientan o funcionamento do partido e designar ao persoal, así como xestionar os recursos do partido.

SANCIÓNS

Tras iso, o texto lembra que os estatutos federais do PSOE recollen que todos os afiliados que incumpran o disposto no regulamento poderán ser sancionados e mesmo chegar a ser expulsados do partido. Así, na resolución dáselle cinco días ao portavoz municipal para que formalice os cambios ou se lle procederá a incoar as correspondentes dilixencias disciplinarias.

Os traballadores afectados son a actual xefa de gabinete, antiga man dereita do exalcalde Xosé Sánchez Bugallo, e o xefe de prensa. Para eses cargos, a dirección local propón á actual secretaria de Organización da executiva local e edil socialista en Coles –que asina a resolución–, así como a unha exconcelleira do Concello de Vilalba.

Este feito prodúcese en plena crise na agrupación municipal socialista, totalmente dividida tras a ruptura do grupo municipal –formado polos edís Mercedes Rosón, Milagros Castro, Gumersindo Guinarte, Marta Abal, Gonzalo Muíños e Marta Álvarez– coa dirección local capitaneada por Aitor Bouza, con Marta Álvarez Santullano como vicesecretaria xeral.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Concello de Santiago adxudica 61 prazas do programa ‘Compostela Concilia’ para a quenda de Entroido

O Concello de Santiago publicou a listaxe provisional de prazas adxudicadas no programa municipal...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...