InicioSANTIAGOAs obras de mellora da rúa O Pombal comezarán o 25 de...

As obras de mellora da rúa O Pombal comezarán o 25 de xuño

Publicado o

Xornal de Compostela

As obras de reurbanización da rúa do Pombal, en Santiago, comezarán o próximo 25 de xuño tras finalizar o curso escolar para reducir o seu impacto na mobilidade.

Os traballos nos que investirán máis de 730.000 euros, permitirán mellorar a accesibilidade e renovar a rede de servizos, á vez que “son reflexo” da aposta por un “novo modelo urbano” que prioriza a mobilidade peonil e ciclista.

Así o detallaron este mércores os concelleiros de Obras, Xesús Domínguez, e Mobilidade, Xan Duro, que explicaron o proxecto e informaron as súas repercusións no tráfico e no transporte urbano.

As obras, das que foi adxudicataria a UTE formada por Oviga e Inside the estafe, teñen un prazo de execución estimado de oito meses.

Domínguez explicou que O Pombal é unha rúa con “problemas de accesibilidade”, pero ademais localízase nunha zona con “diferentes centros educativos” polo que consideran que mellorar a seguridade é unha prioridade.

Na rúa do Pombal haberá unha única beirarrúa, situada á beira dos edificios, que terá un ancho ampliado de 1,8 metros. A estrada quedará cun ancho de tres metros e acondicionarán un carril bici en sentido subida, á beira do muro da Alameda.

A rúa está configurada como unha plataforma única, cunha diferenza de altura de tan só uns centímetros entre a calzada e a beirarrúa, para as que utilizarán diferentes materiais. Ademais, haberá pasos de peóns elevados, para reducir a velocidade do tráfico rodado.

As obras tamén afectarán á rede de transporte, xa que son sete as liñas de autobús que circulan por esa vía. En concreto, son as liñas 4, 8, 9, C2, C4, P1 e P7, que cambiarán o itinerario.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...