InicioSANTIAGOO PP de Santiago ve unha prohibición "máis ampla" na medida de...

O PP de Santiago ve unha prohibición “máis ampla” na medida de suspender licenzas de actividade turística

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do PP de Santiago, Borja Verea, mostrouse “máis preocupado” que este luns polo anuncio do Goberno local de suspender as licenzas de actividade relacionadas co turismo, a hostalaría ou o uso residencial no centro histórico para estudar como protexer o comercio de proximidade e manifestou que “queda claro” que non se trata de “unha prohibición unicamente” para as tendas de souvenirs, senón que é “moito máis ampla”.

Ademais, o líder dos populares composteláns reprochou ao edil de Urbanismo “un importante problema de transparencia”, xa que, segundo asegurou, este martes na comisión de patrimonio tivo que ser o propio Verea o que solicitase “expresamente na quenda de rogos e preguntas” explicacións sobre a decisión anunciada este luns.

En todo caso, insistiu en que “prohibir é ir polo camiño equivocado”, argumentando que o que está a conseguir o Executivo municipal é “seguir devaluando a riqueza cultural de Santiago”.

“O que están a facer é prohibirnos a todos os composteláns gozar de futuras cafetarías, de futuros restaurantes, de futuras tendas de roupa ou de futuras xeadarías”, ha ejemplificado.

En opinión de Borja Verea, o goberno de Goretti Sanmartín está a facer un Santiago “máis pequeno, máis pechado e máis cohibido”. “Todo o contrario”, dixo, do que defenden os populares: “Un Santiago máis universal, máis aberto e máis seguro de si mesmo”.

 

ÚLTIMAS

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

Joaquín Goris amplía o seu contrato co Compos ata 2027

A SD Compostela anunciou a renovación de Joaquís Goris Abelenda por unha tempada máis,...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

O Concello de Santiago adxudica 61 prazas do programa ‘Compostela Concilia’ para a quenda de Entroido

O Concello de Santiago publicou a listaxe provisional de prazas adxudicadas no programa municipal...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...