InicioSOCIEDADEO Gaiás oferta o campamento de natureza 'Raíces e ás' para conciliar...

O Gaiás oferta o campamento de natureza ‘Raíces e ás’ para conciliar durante o verán

O campamento ofértase nas mañás da semana inmediatamente posterior ao final do curso escolar e na anterior ao arranque do próximo ano lectivo 80 prazas destinadas a nenos de entre 4 e 14 anos.

Publicado o

Xornal de Compostela

Cidade da Cultura programa este verán o campamento urbano ‘Raíces e ás’, unha proposta concibida para facilitar ás familias a conciliación na última semana de xuño e a primeira de setembro e tamén para crear entre os nenos unha conciencia ambiental sólida, fomentando valores como o vínculo coa natureza, o espírito de descubrimento, a creatividade, a igualdade, a convivencia e o traballo en equipo.

O campamento ofértase nas mañás da semana inmediatamente posterior ao final do curso escolar e na anterior ao arranque do próximo ano lectivo 80 prazas destinadas a nenos de entre 4 e 14 anos. Os participantes gozarán dun “completo programa de actividades lúdicas, amenas e formativas” para achegarse á biodiversidade dos espazos verdes do monte Gaiás “nun ambiente de igualdade, respecto e convivencia”.

Entre as actividades programadas inclúense desde a construción de refuxios de morcegos e hoteis de insectos para a súa colocación posterior no Parque do Lago, á procura de pegadas de animais ou o recoñecemento de árbores e plantas, xincanas nos espazos verdes, actividades teatrais, ou ata unha noite de acampada no Bosque de Galicia (incluída só para o grupo de nenos de maior idade, a partir de 8 anos).

O campamento organízase en dúas quendas semanais, do 24 ao 28 de xuño e do 2 ao 6 de setembro, e dous tramos de idade diferenciados (de 4 a 7 anos e de 8 a 14 anos). As actividades desenvolveranse na Cidade da Cultura de 10.00 a 15.00 horas, de luns a venres, con servizo de madrugadores baixo demanda, desde as 8.00 horas.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...