InicioSANTIAGOA Xunta Local de Seguridade coordina un dispositivo especial para O Son...

A Xunta Local de Seguridade coordina un dispositivo especial para O Son do Camiño

Policía Nacional, Garda Civil e Policía Local reforzan a seguridade do festival, que espera recibir 40.000 asistentes

Publicado o

Xornal de Compostela

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiron este luns a Xunta Local de Seguridade na que se analizaron as medidas previstas para o festival O Son do Camiño, que terá lugar este fin de semana, e para o que se contará con 225 persoas para o dispositivo especial.

Segundo apuntaron, dadas as características do evento e de igual maneira que en anos anteriores, haberá unha presenza reforzada de Policía Nacional e da Garda Civil de Tráfico, así como da Policía Local xunto con servizos de seguridade privada.

En canto á Policía, a subdelegada confirmou que haberá un dispositivo que contará con unidades caninas, Tedax, unidade de seguridade aérea con drons, un dispositivo de prevención de furtos, a brigada móbil con presenza tamén nas estacións de viaxeiros, e tamén unidades da UIP (Unidade de Intervención Policial).

O dispositivo verase reforzado tamén con máis de 60 axentes da Garda Civil de Tráfico durante os tres días de concerto.

Segundo explicaron, todos estes efectivos estarán coordinados co servizo ordinario de prevención e reacción da propia cidade, polo que se sumarán aos efectivos de seguridade cidadá da comisaría local.

A afluencia prevista dunhas 40.000 persoas obriga a deseñar un operativo especial que “garanta a seguridade desde un punto de vista estático, é dicir, durante os concertos que se desenvolven en tres escenarios distintos, como dinámico, garantindo as vías de acceso, tanto das persoas como dos equipos sanitarios e de emerxencias, en caso de ser necesarios”.

Por outra banda, fixeron un chamamento para que “todas as persoas que asistan aos concertos, fagan caso ás indicacións da organización, que sexan respectuosas coas medidas de seguridade e sigan as indicacións da organización e das forzas de seguridade, xa que todos teñen como única pretensión o mellor desenvolvemento dos concertos para goce de todas as persoas asistentes”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...