InicioSANTIAGOO Concello solicita á Xunta ampliar o número de licenzas de taxi

O Concello solicita á Xunta ampliar o número de licenzas de taxi

A capitalidade, a relevancia dos servizos públicos da cidade e a afluencia turística son algúns dos motivos que dá o Concello para o aumento de licenzas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela aprobou esta mañá, durante a sesión da Xunta de Goberno Local, un estudo de mobilidade que xustifica a necesidade de incrementar o número de licenzas de taxi na cidade. Este documento será agora enviado á Xunta de Galicia, que deberá emitir un informe vinculante sobre a proposta. Segundo o estudo, aínda que Santiago cumpre coa ratio legal dunha licenza por cada 1.000 habitantes, a realidade demanda un aumento debido a factores como a capitalidade, a relevancia dos servizos públicos e a afluencia turística.

O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, explicou que a cidade experimentou un crecemento significativo na poboación vinculada, que inclúe non só residentes, senón tamén persoas que traballan, estudan ou pasan longos períodos de tempo en Santiago. “Contamos con que por cada 100 persoas residentes no noso municipio, hai outras 77 con vínculos na cidade”, afirmou o concelleiro, resaltando a necesidade de adaptar a oferta de transporte público a esta realidade.

Segundo datos do Concello, Santiago de Compostela precisa de 29 licenzas adicionais para satisfacer adecuadamente a demanda actual. Este incremento proposto busca non só cubrir o déficit actual senón tamén responder ao aumento de turistas e peregrinos, cuxos números case se duplicaron nos últimos dez anos.

O informe tamén pon énfase na importancia de incrementar o número de taxis adaptados para persoas con mobilidade reducida. Actualmente, Santiago conta con 10 taxis adaptados, un número que, aínda que cumpre os requisitos legais mínimos, considerase insuficiente dada a alta porcentaxe de poboación vinculada e o progresivo envellecemento dos habitantes da cidade. “A metade das novas licenzas que se solicitan deben ser para vehículos adaptados”, insistiu o concelleiro.

Ademais, durante o proceso de consulta, recibíronse alegacións de varias asociacións e entidades, incluíndo a Unión de Consumidores de Galicia e diferentes asociacións do sector do taxi. A pesar das contradicións entre as diferentes alegacións, a Xunta de Goberno decidiu rexeitar estas propostas e proceder coa tramitación do estudo tal e como foi aprobado.

ÚLTIMAS

Confirman a condena de dous anos para un fisioterapeuta de Santiago por abuso sexual

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...

Bouza anuncia que optará á reelección como secretario xeral do PSOE de Santiago

O actual secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza, confirmou este xoves a través...

Álvaro Muñoz recolle o MVP Estrella Galicia como mellor xogador da tempada

O capitán do Monbus Obradoiro, Álvaro Muñoz, recolleu esta semana o premio MVP Estrella...

Un estudo do CiMUS demostra que metabolismo e reloxo biolóxico actúan como sistemas interdependentes

O grupo de investigación 'Gliatime', integrado no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular...

Un estudo do CiMUS demostra que metabolismo e reloxo biolóxico actúan como sistemas interdependentes

O grupo de investigación 'Gliatime', integrado no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular...

Raxoi ve “arriscado” que a Xunta reforce o papel das empresas privadas que tramitan licencias urbanísticas

O concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás, considerou como "arriscado" que a Xunta...

O Concello de Santiago construirá nove vivendas dotacionais na Caramoniña durante as obras de rehabilitación

O Concello de Compostela avanza na rehabilitación do conxunto de edificacións municipais situadas na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here