InicioSUCESOSDous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

O accidente aconteceu pasadas as 08.40 horas e nel houbo unicamente un coche implicado

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por Santiago de Compostela. O turismo envorcou e ambas quedaron atrapadas no seu interior. Tras ser liberadas polo persoal de emerxencias, foron trasladadas en ambulancia ao hospital.

O accidente aconteceu pasadas as 08.40 horas e nel houbo unicamente un coche implicado. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, o vehículo saíuse da vía e quedou envorcado nunha rotonda da Avenida do Cruceiro da Coruña, un viario que conduce ao polígono industrial compostelán. Había dúas persoas dentro do coche sen poder saír ao exterior.

A central de emerxencias compartiu a información co 061, os Bombeiros de Santiago e a Policía Local. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros conseguiu liberar aos implicados usando o material de excarceración. Estes tiveron que ser trasladados ata o hospital polo persoal sanitario.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago confirma que axudou a impulsar Fly2Galicia e mantén en confidencialidade os contactos coa empresa

O Concello de Santiago confirmou que leva "moitos meses" en contacto con Fly2Galicia e que...

A USC advirte dunha seca severa na comarca de Compostela tras recoller só 181 litros dende febreiro

A comarca de Santiago de Compostela atravesa unha situación de "seca severa" despois de...

Sanmartín anuncia medidas para ordenar os fluxos turísticos e defende a actuación municipal no Quiroga Palacios

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou este mércores que o Concello traballa xunto...

Os Campamentos de Arnela reúnen este verán a máis de 230 menores no programa Cativos de Cáritas

Os Campamentos de Arnela, promovidos por Cáritas en Santiago de Compostela a través do...

Santiago completa a mellora da rúa San Martiño de Aríns tras investir preto de 700.000 euros

O Concello de Santiago deu por finalizada a intervención na rúa San Martiño de...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...