InicioSOCIEDADEO Gaiás programa catro noites gratuítas de música con seis artistas durante...

O Gaiás programa catro noites gratuítas de música con seis artistas durante agosto

O ciclo “Atardecer no Gaiás” reunirá propostas de rock, electrónica, pop e música urbana, cun concerto especial de Galician Army coincidindo coa eclipse total de Sol

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia programa durante o mes de agosto catro veladas musicais gratuítas dentro do ciclo “Atardecer no Gaiás”, que reunirá seis artistas con propostas que van desde o rock alternativo ata a electrónica, o pop e a música urbana. Os concertos celebraranse na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e arrancarán este xoves, 6 de agosto, coa actuación de Dogo, un grupo compostelán de rock alternativo con influencias do post-punk e do shoegaze. O concerto comezará ás 21.00 horas na praza central do Gaiás.

GALICIAN ARME ACTUARÁ DURANTE A ECLIPSE TOTAL DE SOL

Na semana seguinte, o ciclo concentrará tres citas consecutivas entre o mércores e o venres. O 12 de agosto, o dúo lugués Galician Army presentará un set especial coincidindo coa eclipse total de Sol, un dos fenómenos astronómicos máis agardados do ano. A actuación combinará música electrónica e unha contorna especialmente preparada para acompañar a observación do fenómeno desde o Gaiás.

ISRAEL B, SANTA SALUT E SILEE NO ATARDECER FEST

O xoves 13 de agosto, a música urbana converterase na gran protagonista coa segunda edición do Atardecer Fest. A partir das 20.00 horas, subirán ao escenario tres artistas: Israel B, unha das figuras máis recoñecidas da escena estatal do rap; Santa Salut, coñecida polo carácter reivindicativo e comprometido das súas letras; e Silee, un dos novos nomes galegos do xénero urbano.

TURISTA SUECA PECHARÁ A DÉCIMO SEXTA EDICIÓN

A programación rematará o venres 14 de agosto coa actuación de Turista Sueca. Este concerto poñerá o punto final á décimo sexta edición de “Atardecer no Gaiás”, unha proposta consolidada dentro da programación cultural de verán da Cidade da Cultura.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

A mocidade de Santiago propón novos espazos de lecer e melloras na mobilidade e na comunicación

O Consello Municipal de Mocidade de Santiago de Compostela reuniuse este xoves para estudar...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

O helicóptero do 061 con base en Santiago permanece inoperativo dende o venres por un problema de documentación

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago leva sen operar dende o...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here