InicioSANTIAGOSantiago recibe aos peregrinos da Fundación Pequeño Valiente e entrega unha lembranza...

Santiago recibe aos peregrinos da Fundación Pequeño Valiente e entrega unha lembranza institucional

O grupo, vinculado á entidade canaria que acompaña a menores con cancro e ás súas familias, foi recibido este sábado no Concello de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago recibiu este sábado a un grupo de peregrinos vinculados á Fundación Pequeño Valiente, unha entidade sen ánimo de lucro de Canarias dedicada ao acompañamento de nenos, nenas e adolescentes con cancro, así como das súas familias. O acto institucional contou coa presenza do concelleiro Xesús Domínguez, acompañado por outras integrantes da Corporación municipal.

A fundación desenvolve un labor de acompañamento ás persoas enfermas e ás súas contornas familiares ao longo das distintas fases do proceso, prestando apoio emocional, social e práctico co obxectivo de contribuír a que as familias conten con recursos e acompañamento continuado.

Durante a recepción, o representante municipal fixo entrega ao presidente da entidade, Jesús Jerez, dunha lámina das Dúas Marías como recordo da visita realizada á capital galega. O agasallo está vinculado a un dos símbolos máis recoñecibles da cidade, representado polas figuras de Maruxa e Coralia, presentes na Alameda compostelá.

No encontro, Xesús Domínguez tamén convidou ás persoas participantes na peregrinación a coñecer distintos espazos verdes e parques da cidade, facendo unha mención especial á Alameda de Santiago, un dos lugares máis representativos do municipio e espazo onde se atopa a coñecida escultura das Dúas Marías.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here