InicioSANTIAGOO Concello deberá repetir parte do procedemento sobre a prórroga do interventor...

O Concello deberá repetir parte do procedemento sobre a prórroga do interventor tras unha sentenza do TSXG

O tribunal aprecia un defecto formal na tramitación e obriga a solicitar un informe de Recursos Humanos antes de ditar unha nova resolución

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Facenda de Santiago de Compostela, Manuel César, informou este mércores sobre o alcance da recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en relación co recurso presentado polo anterior interventor municipal, Ramón González Carnero, pola denegación da súa prórroga no servizo activo.

Segundo explicou o edil, a resolución xudicial non entra no fondo do asunto, senón que se limita a sinalar un defecto formal no procedemento administrativo, ao non terse solicitado un informe da xefatura do Servizo de Recursos Humanos antes de adoptar a decisión. Neste sentido, indicou que o tribunal ordena retrotraer o expediente ao momento previo a ese trámite para incorporar o informe e emitir unha nova resolución conforme á normativa.

César subliñou que a sentenza “non recoñece ningún dereito á prórroga” nin cuestiona os argumentos polos que o Concello decidiu non concedela, senón que obriga a completar o expediente cun requisito formal. “O que procede é subsanar ese erro material e resolver de novo”, apuntou.

O concelleiro tamén lembrou que a decisión inicial do Concello contaba con diversos informes técnicos, entre eles o da área de administración —que asume competencias en materia de persoal— e outros vinculados á planificación e xestión tecnolóxica. Ademais, fixo referencia á sentenza previa do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, que fora favorable á posición municipal e considerara que non era imprescindible ese informe de Recursos Humanos.

En relación con esa resolución anterior, César destacou que nela se recollía que o interventor debía adaptarse aos cambios organizativos impulsados pola administración local, especialmente no ámbito da dixitalización contable, e que a súa actitude dificultara a implantación de novas ferramentas e procesos internos.

De cara aos próximos pasos, o Concello deberá decidir entre emitir o informe requirido e ditar unha nova resolución ou ben recorrer a sentenza en casación.

RESPOSTA ÁS CRÍTICAS SOBRE A COBERTURA DE PRAZAS

Durante a comparecencia, o concelleiro tamén respondeu ás críticas do grupo municipal socialista sobre supostos atrasos na cobertura de vacantes no servizo de bombeiros e noutros ámbitos da administración local. Segundo indicou, as prazas de bombeiros están xa convocadas, aínda que recoñeceu a existencia dun erro material na publicación que só reflectía parcialmente o número total de vacantes.

Neste contexto, explicou que o Concello está a traballar na xestión das ofertas de emprego público correspondentes a anos anteriores e que o prazo legal para convocar as máis antigas, como a de 2023, esténdese ata finais de 2026. A intención do goberno local é agrupar distintas ofertas para optimizar os recursos administrativos e desenvolver os procesos selectivos de maneira conxunta.

César asegurou que tanto os procesos de bombeiros como os de policía local están en marcha, mentres que o resto de prazas da administración serán convocadas nos próximos meses.

O PP FALA DE “PURGA POLÍTICA” E ESIXE EXPLICACIÓNS Á ALCALDESA

Pola súa banda, o concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, ofreceu unha interpretación radicalmente distinta da resolución xudicial e sostivo que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “confirma” que o goberno local actuou para “apartar do seu cargo a un interventor incómodo”. Na súa comparecencia, o edil popular acusou ao executivo encabezado por Goretti Sanmartín de “purgar aos funcionarios incómodos” e de vulnerar a legalidade para cesar a un empregado público que, segundo defendeu, exercía con independencia as súas funcións de control.

De la Fuente asegurou que o fallo do TSXG avala as sospeitas que o seu grupo xa manifestara en 2024 sobre a xestión deste procedemento, e afirmou que a actuación municipal foi “premeditada, orquestrada e perfectamente calculada”. Entre as cuestións que considerou máis graves, sinalou que a solicitude do informe se realizase, segundo denunciou, coincidindo co inicio das vacacións da funcionaria responsable de emitilo, o que ao seu xuízo permitiu substituír un criterio técnico independente por informes elaborados por cargos de confianza do goberno local.

O representante popular sostivo tamén que existiu un cambio de criterio respecto dunha solicitude anterior presentada polo mesmo interventor e cuestionou directamente o papel da alcaldesa, á que reclamou explicacións públicas sobre as razóns desa variación. Segundo indicou, o seu grupo solicitou xa toda a documentación administrativa para analizar en detalle o procedemento e comprobar “punto por punto” o sucedido.

Durante a súa intervención, o concelleiro formulou ademais varias preguntas ao executivo municipal sobre a cronoloxía da tramitación, a ausencia do informe de Recursos Humanos e a eventual substitución de informes técnicos por decisións políticas. Para o PP, este caso vai máis alá da situación individual do interventor e abre, segundo afirmou, un debate sobre o respecto ás garantías legais e ao funcionamento da administración local no Concello de Santiago.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

A USC aborda en Santiago o impacto das redes sociais no benestar da infancia e da adolescencia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este martes na Facultade de Psicoloxía as...

Aparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en O Milladoiro

O home que fora detido o venres en relación con tres supostas agresións sexuais...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here