InicioCULTURAO Salón Teatro esgota as entradas para as tres primeiras funcións de...

O Salón Teatro esgota as entradas para as tres primeiras funcións de ‘Hamlet’

A obra dirixida por Perico Asorey inclúe a peza entre os contidos da EBAU e mobiliza a público de 35 concellos galegos

Publicado o

Xornal de Compostela

A obra de teatro Hamlet, dirixida polo actor e director Perico Asorey, será presentada desde este venres no Salón Teatro-Centro Dramático Galego (CDG), situado en Santiago de Compostela, onde xa se esgotaron todas as entradas para as súas tres primeiras funcións. Así o asegurou o director do CDG, Fran Núñez, quen falou de “cifras incribles” ao ter en conta que ao redor do 50% dos boletos ata maio xa foran adquiridos.

Ademais, grazas ao programa de mobilidade do propio centro, así como aos autobuses contratados polos concellos, a obra poderá contar co público de 35 municipios distintos, segundo o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil. Doutra banda, Núñez puxo en valor a colaboración coas universidades e con varios centros de secundaria, moi interesados en asistir á obra porque este ano Hamlet figura entre os contidos a examinar na EBAU.

UNHA OBRA ONDE A ACCIÓN PRIMA

“É difícil resumir en poucos minutos algo ao que lle pos tanto amor, tanta paixón, tanta forza, e da que estás tan ben acompañado (…) Así como tamén é difícil trasladar a Hamlet ao século XXI, un século difícil, moi agresivo nas formas e na política, onde parece que o humano está en conflito”, afirma o director da obra, Perico Asorey.

Ademais, asegurou que Hamlet é un texto que fala da necesidade e do impedimento da acción, cuéstionase seguido o mandato de vinganza. Desde a obra, buscan transmitir a mensaxe de cuestionar os mandatos recibidos e de coidado da saúde mental, así como a reivindicación da muller ao incluír a un maior número que na obra orixinal. Así pois, agradeceu as facilidades que lles puxeron desde as instalacións para abordar Hamlet e o “duro” traballo dos dezaseis actores e actrices.

Para o actor principal que interpreta ao protagonista, Alejandro Jato, a intelixencia artificial e as novas tecnoloxías supoñen unha ameaza para este tipo de formatos. Con todo, destacou a vivacidade do teatro e o “feito histórico” que realizan ao contribuír a que esta arte persista no tempo. Sobre isto falou Fran Núñez, quen atribuíu o feito de que o teatro sobreviva a que a xente “necesita” atoparse, mirarse e compartir unha experiencia en directo que ningunha pantalla pode substituír.

Finalmente, animaron ao público a achegarse a esta proposta escénica que combina ritmo e emoción, con “moita acción”, “diversión”, “certo salvaxismo” e “un punto de traxedia”, nunha reinterpretación que busca sorprender e conectar co espectador contemporáneo.

ÚLTIMAS

O PSOE anuncia que non apoiará os orzamentos de Santiago e condiciona o seu voto á incorporación de medidas

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago confirmou que non votará a favor...

O Son do Camiño incorpora a DJ Snake nunha edición cos abonos xa esgotados

O festival O Son do Camiño volverá situar a Santiago de Compostela no circuíto musical...

‘De Lugares e Órganos’ regresa a Santiago cunha programación que combina música, cinema e patrimonio entre o 28 de marzo e o 5 de...

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou unha nova edición do ciclo...

O Club de Patinaxe Artística Brión acada o subcampionato galego e clasifícase para o estatal por quinto ano consecutivo

O Club de Patinaxe Artística Brión vén de consolidar a súa presenza no panorama...

O Son do Camiño incorpora a DJ Snake nunha edición cos abonos xa esgotados

O festival O Son do Camiño volverá situar a Santiago de Compostela no circuíto musical...

‘De Lugares e Órganos’ regresa a Santiago cunha programación que combina música, cinema e patrimonio entre o 28 de marzo e o 5 de...

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou unha nova edición do ciclo...

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela,...