InicioCULTURACultura convoca a praza para renovar a dirección do CGAC e abrir...

Cultura convoca a praza para renovar a dirección do CGAC e abrir unha nova etapa

A Xunta busca ampliar a internacionalización e a apertura á creatividade dixital tras case 11 anos baixo o mando de Santiago Olmo.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude anunciou a convocatoria dunha praza de libre designación para renovar a dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Con esta convocatoria búscase “abrir unha nova etapa na súa programación” e pechar o ciclo que durante case 11 anos dirixiu o crítico de arte Santiago Olmo. Con esta decisión, apuntou a Xunta, preténdese “ampliar a internacionalización” do centro e acadar unha “maior apertura á creatividade dixital coa irrupción das novas tecnoloxías”, así como impulsar a descentralización dentro e fóra de Galicia.

O obxectivo do departamento de Cultura con esta renovación é “impulsar estes campos na actividade deste centro museístico, referente da arte contemporánea en Galicia e España”. A Consellería recoñeceu a profesionalidade de Santiago Olmo ao longo dun período no que o CGAC “se consolidou como unha das institucións culturais galegas máis prestixiosas desde a súa creación en 1993”. En particular, destacaron a “excelsa programación deseñada” para conmemorar o 30 aniversario do museo, que contou con medio centenar de actividades.

Como resultado do labor desenvolvido neste período, o Centro Galego de Arte Contemporánea conseguiu en 2025 ser recoñecido como Insignia da cultura galega polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea. Este recoñecemento baseouse nos resultados dun prestixioso informe elaborado coas valoracións de máis de 400 expertos e profesionais de toda España.

A elección da nova dirección realizarase a través dunha convocatoria dunha praza de libre designación, cuxa apertura terá lugar nos próximos días. Segundo apunta a Xunta, o proceso “cumprirá cos criterios de transparencia, mérito e capacidade para a selección da candidatura idónea” que asuma os novos retos tecnolóxicos e internacionais da institución.

ÚLTIMAS

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela,...

Mila Castro presenta unha proposición para que o Pleno decida o modelo de xestión da auga en Santiago

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago, Milagros Castro, rexistrou unha proposición para...

(VÍDEO) As placas de “seguros mutuos” que ves nas fachadas de Santiago e que case ninguén sabe que significan

Quen pasea polo casco histórico de Santiago de Compostela pode atoparse, se presta algo...

A Policía Local de Ames detén a un home con orde de ingreso en prisión tras identificalo en Bertamiráns

A Policía Local de Ames detivo na mañá deste martes a unha persoa sobre...

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela,...

(VÍDEO) As placas de “seguros mutuos” que ves nas fachadas de Santiago e que case ninguén sabe que significan

Quen pasea polo casco histórico de Santiago de Compostela pode atoparse, se presta algo...

‘Castelo da Rocha’, ‘Crocante de bacallau á galega’ e ‘Ópera de Sordo’ gañan o XVII Santiago(é)Tapas

O concurso Santiago(é)Tapas puxo fin á súa décimo sétima edición coa entrega de premios celebrada...