InicioSANTIAGOA Xunta corta temporalmente o ramal entre a AG-56 e a SC-20...

A Xunta corta temporalmente o ramal entre a AG-56 e a SC-20 por obras de seguridade viaria

Os traballos para construír unha cuneta de seguridade obrigan a interromper a circulación durante varios períodos entre o luns e o mércores

Publicado o

Xornal de Compostela

As obras de construción dunha cuneta de seguridade obrigarán a cortar temporalmente o tráfico no ramal que conecta a AG-56 coa SC-20, no acceso en sentido Brión-Santiago cara á SC-20 dirección Milladoiro-Santiago. A actuación está promovida pola Xunta e require a interrupción da circulación debido ás características da vía.

Segundo informou a administración autonómica, trátase dun ramal cun único carril de circulación, polo que resulta necesario proceder ao corte total do tráfico para permitir o traballo da maquinaria e garantir a seguridade tanto dos operarios como das persoas usuarias da estrada.

O primeiro corte realizouse este luns, coincidindo co inicio dos traballos, e prolongarase ata as 19:00 horas da mesma xornada.

NOVOS CORTES PREVISTOS PARA O MARTES E O MÉRCORES

De acordo co plan de obra establecido, mañá martes 17 de marzo volverase interromper a circulación no mesmo punto, tamén para continuar cos traballos de construción da cuneta de seguridade. Neste caso, o corte manterase entre as 09:00 e as 19:00 horas.

A previsión da Xunta é rematar a intervención o mércores 18 de marzo, cando se executarán as últimas tarefas. Ese día o ramal permanecerá pechado ao tráfico entre as 09:00 e as 14:00 horas.

A actuación forma parte das intervencións de mellora da seguridade viaria nas conexións entre a AG-56 e a rede de acceso a Santiago, unha zona con elevado volume de tráfico ao tratarse dunha das principais entradas á cidade desde o sur da área metropolitana.

ÚLTIMAS

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

O Concello de Santiago impulsa a rehabilitación de cinco edificios na rúa da Caramoniña para crear nove vivendas públicas

O Concello de Santiago aprobou hoxe na Xunta de Goberno Local celebrada este luns...

Un equipo da USC lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico do covid persistente

A Universidade de Santiago de Compostela anunciou este luns que un equipo internacional de...

O PSOE critica o aumento do período medio de pago a provedores no Concello de Santiago

A concelleira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Marta Abal, cuestionou a...

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

Un equipo da USC lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico do covid persistente

A Universidade de Santiago de Compostela anunciou este luns que un equipo internacional de...

Albergues do Camiño buscan solucións á “carreira diaria” dos peregrinos por conseguir cama

A Rede de Albergues de Acollida Tradicional do Camiño de Santiago informou este luns...