InicioSANTIAGOA USC abre as urnas virtuais e elixirá hoxe á primeira reitora...

A USC abre as urnas virtuais e elixirá hoxe á primeira reitora da súa historia

Rosa Crujeiras e Maite Flores enfróntanse na votación electrónica que decidirá quen dirixirá a Universidade de Santiago de Compostela até 2032

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela vén de abrir esta mañá, por segunda vez, as urnas electrónicas para a segunda volta das eleccións á reitoría, un proceso que determinará quen será a persoa encargada de dirixir a institución académica durante os vindeiros seis anos.

Nesta fase final do proceso electoral enfróntanse as catedráticas Rosa Crujeiras, de Estatística e Investigación Operativa, e Maite Flores, de Óptica. A votación realízase de maneira electrónica a través da plataforma habilitada pola universidade, á que se accede mediante credenciais institucionais.

O período de votación estenderase entre as 9:00 e as 18:00 horas, tempo durante o que a comunidade universitaria poderá emitir o seu voto. A USC ofrecerá avances de participación ás 12:00 e ás 16:00 horas a través do espazo web habilitado para garantir a transparencia do proceso.

Segundo os datos facilitados pola institución, un total de 28.326 persoas están chamadas ás urnas. A maior parte do censo corresponde ao estudantado, con 24.158 persoas, mentres que 1.573 pertencen ao Persoal Técnico de Xestión e Administración de Servizos, 1.354 son Persoal Docente e Investigador con vinculación permanente e 1.241 forman parte do resto do PDI.

Unha vez rematada a votación e realizado o escrutinio, os resultados finais poderán consultarse na web habilitada pola USC para o proceso electoral. Durante a xornada tamén se habilitou o correo electrónico evoto@usc.es para comunicar posibles incidencias relacionadas coa votación.

O calendario electoral establece que o 12 de marzo se proclamará provisionalmente a reitora electa. A continuación abrirase un prazo para presentar recursos ante a Comisión Electoral Central, que se prolongará entre o 13 e o 20 de marzo. A proclamación definitiva da nova reitora da Universidade de Santiago de Compostela está prevista para o 23 de marzo.

A elección deste mércores permitirá que a USC conte por primeira vez na súa historia cunha muller á fronte da reitoría, ao tratarse dunha segunda volta na que as dúas candidatas finalistas son mulleres.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here