InicioSOCIEDADERosa Crujeiras defende unha USC feminista e libre de violencias

Rosa Crujeiras defende unha USC feminista e libre de violencias

A candidata á reitoría aposta por bo goberno, transparencia e unha universidade comprometida coa cultura democrática, a paz e a sustentabilidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A catedrática de Estatística e Investigación Operativa e candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, afronta a recta final cara á segunda volta das eleccións defendendo unha universidade “feminista e libre de violencias”, que sexa exemplo de bo goberno, transparencia e corresponsabilidade. Nunha entrevista con Europa Press, a candidata aposta por reforzar os valores da cultura democrática e da paz, así como por unha institución comprometida coa sustentabilidade e o respecto.

Tras acadar o 41 % do voto ponderado na primeira volta, Crujeiras amósase satisfeita cun resultado que atribúe á constancia e a un proxecto “moi maduro”, baseado na escoita e na explicación continua. Entre os principais retos, sinala a substitución xeracional do profesorado, cunha previsión dun 30 % máis de xubilacións nos vindeiros cinco anos, o que obriga —di— a unha planificación detallada por áreas e á posta en marcha de programas de mentoría para non perder coñecemento crítico.

A candidata tamén sitúa como prioridades a simplificación administrativa, a recuperación dunha Vicerreitoría de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade e o reforzo do papel da USC como motor de desenvolvemento social e económico de Galicia. Nesa liña, destaca o potencial do Campus de Lugo e reclama alianzas cos concellos de Santiago e Lugo para afrontar a “emerxencia social” da vivenda, con medidas como alugueiros alcanzables ou proxectos de convivencia interxeracional que eviten a perda de talento.

De cara á votación do 11 de marzo, Crujeiras chama á participación e asegura que, de resultar elixida, será “reitora de todos e todas”. Fronte á outra candidata da segunda volta, Maite Flores, reivindica a experiencia do seu equipo e un proxecto transversal con apoio maioritario da comunidade universitaria, baseado —conclúe— no coñecemento, na cooperación e no compromiso institucional.

ÚLTIMAS

Santiago inicia a avaliación das propostas para transformar o Conector Central da cidade

A sala de usos múltiples da á sur do Museo do Pobo Galego acolleu...

Unha colisión múltiple na autovía Lugo-Santiago deixa polo menos un ferido

Un accidente na autovía Lugo-Santiago (A-54), que ocorreu na contorna da parroquia de Lavacolla...

Borja Verea recoñece o labor das comisións de festas das parroquias compostelás nun campionato en Aríns

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, participou este xoves nun campionato...

Marta Álvarez reclama avances para que Santiago se incorpore á Alianza de Cidades contra a Obesidade

A concelleira non adscrita Marta Álvarez vén de solicitar información sobre os avances na...

A Policía Nacional reanuda os trámites de estranxeiría tras o incendio na comisaría

A Policía Nacional confirmou que dará continuidade aos trámites de estranxeiría en Santiago de...

Piden case seis anos de cárcere por un roubo continuado na Praza de Abastos de Santiago

A sección da Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago xulgará o vindeiro...

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha manifestación pola atención á diversidade

Representantes das organizacións que forman parte da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público...