InicioSOCIEDADEPiden case seis anos de cárcere por un roubo continuado na Praza...

Piden case seis anos de cárcere por un roubo continuado na Praza de Abastos de Santiago

O acusado, que conta con antecedentes por delitos similares, enfróntase ao xuízo este vindeiro venres na sede compostelá da Audiencia Provincial.

Publicado o

Xornal de Compostela

A sección da Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago xulgará o vindeiro venres, día 20, a un home acusado de asaltar varios postos da Praza de Abastos de Santiago. O Ministerio Público solicita para o procesado unha pena de cinco anos e nove meses de prisión ao consideralo autor dun delito continuado de roubo con forza.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos ocorreron o 4 de abril de 2023, cando o procesado accedeu xunto a outra persoa ás instalacións da Praza de Abastos mentres estaban pechadas ao público. Alí, tras apalancar as persianas metálicas de peche dos postos e os marcos dos mostradores da nave 8, logrou acceder a tres establecementos. Nun deles apoderouse dun teléfono móbil, mentres que no segundo fíxose con 730 euros da recadación da caixa rexistradora e 150 euros de cambio. No último posto forzado só causou danos materiais.

A Fiscalía considera que os feitos son constitutivos dun delito continuado de roubo con forza coa agravante de reincidencia, xa que o home conta con outras tres condenas previas por roubo. Por este motivo, a petición de pena elévase ata os cinco anos e nove meses de cárcere que se dirimirán na vista do vindeiro venres.

ÚLTIMAS

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

Sanmartín evita entrar nas críticas de Pedro Blanco e pídelle que facilite a chegada directa de fondos de vivenda a Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, evitou este mércores entrar nun intercambio de declaracións...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...