InicioSANTIAGOGrande aumento na participación das eleccións na USC: o 87% do profesorado...

Grande aumento na participación das eleccións na USC: o 87% do profesorado permanente e case unha cuarta parte do estudantado

O segundo avance da xornada reflicte un incremento xeneralizado do voto en todos os sectores

Publicado o

Xornal de Compostela

A USC vén de facer público o segundo adianto de participación nas eleccións á reitoría, correspondente ás 16:00, no marco da xornada de votación electrónica que se estenderá dúas hora máis, ata as 18:00. Os datos amosan un incremento significativo en todos os sectores da comunidade universitaria.

No Sector I, integrado polo profesorado doutor con vinculación permanente, a participación acada o 87,8%, fronte ao 57,6% rexistrado ao mediodía. No Sector IV, correspondente ao persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS), o seguimento elévase ao 75,7%, case 26 puntos máis que ás 12:00.

Pola súa banda, no Sector II, que inclúe o resto do persoal docente e investigador, a cifra sitúase no 54,1%, mentres que no Sector III, correspondente ao estudantado matriculado en titulacións oficiais, a participación alcanza o 22,8%, máis do dobre que no primeiro adianto da mañá (10,7%).

COMPARATIVA COAS ELECCIÓNS DO 2018

Os datos das 16:00 tamén permiten establecer unha comparación coas eleccións á reitoría de 2018, as últimas nas que concorreu máis dun candidato, cando se enfrontaron Juan Viaño e Antonio López.

Naquela convocatoria, ás 15:30, o Sector I rexistraba unha participación do 67,15%, case vinte puntos por debaixo da cifra actual a media tarde. No caso do Sector III, o estudantado acadaba un 7,6%, moi inferior ao 22,8% contabilizado hoxe á mesma franxa horaria aproximada.

A votación continúa aberta ata as 18:00 a través da plataforma habilitada pola USC, accesible mediante identificación coas credenciais persoais. Unha vez pechado o prazo e finalizado o escrutinio electrónico, a universidade publicará os resultados definitivos na súa páxina web institucional.

Coincidindo coa elección á reitoría, tamén se están a celebrar as eleccións de representantes no Claustro Universitario, proceso que se desenvolve igualmente mediante o sistema de voto electrónico ao longo desta xornada.

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras e Maite Flores pasan á segunda volta nas eleccións á reitoría da USC

A USC vén de pechar a xornada de votación electrónica para a elección da nova reitora...

Goretti Sanmartín reivindica no Debate do Estado do Concello as bases dun modelo urbano e social para as vindeiras xeracións

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, compareceu este xoves 12 de febreiro no Pleno...

O Concello estuda limitar novos hoteis en edificios completos para frear a perda de vivenda no centro histórico

O Goberno local de Santiago de Compostela está a estudar a modificación dos requisitos...

Desaloxan a comisaría da Policía Nacional de Santiago por un incendio

Un incendio declarado na comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela, localizado nunha...

Rosa Crujeiras e Maite Flores pasan á segunda volta nas eleccións á reitoría da USC

A USC vén de pechar a xornada de votación electrónica para a elección da nova reitora...

Goretti Sanmartín reivindica no Debate do Estado do Concello as bases dun modelo urbano e social para as vindeiras xeracións

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, compareceu este xoves 12 de febreiro no Pleno...

O avance de participación nas eleccións á reitoría da USC acada o 57,6% no profesorado permanente ás 12:00

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) fixo público o primeiro adianto de participación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here