InicioSANTIAGOMaría José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre...

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

O encontro coa alcaldesa Goretti Sanmartín e o concelleiro Iago Lestegás centrouse nos espazos compartidos, a apertura da universidade á cidade e o reto da vivenda estudantil

Publicado o

Xornal de Compostela

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso, mantivo este xoves unha reunión institucional no Pazo de Raxoi coa alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e co concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás. No encontro participaron tamén Pilar Murias, profesora da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, e Javier Rico, profesor da Facultade de Ciencias da Educación, ambos integrantes do equipo da candidatura.

A reunión serviu para poñer o foco na necesidade de reforzar os espazos compartidos entre a cidade e a universidade, así como na apertura á cidadanía de diversos espazos da USC, incluídos inmobles de carácter singular. Segundo se trasladou durante o encontro, trátase de avanzar nun modelo no que a institución académica teña unha presenza máis visible e estruturada na vida cultural e social compostelá.

Outro dos asuntos abordados foi a colaboración estable entre o Concello e a universidade, especialmente en ámbitos como Cultura, Igualdade e Deporte. A candidata á reitoría defendeu a importancia de dotar estas relacións dun marco que garanta a súa continuidade no tempo e evite que dependan de iniciativas puntuais.

María José López Couso destacou durante a xuntanza que “se á Universidade lle vai ben á cidade vaille ben, e viceversa”, subliñando a interdependencia entre ambas institucións e a conveniencia de afondar nunha estratexia compartida para o desenvolvemento de Santiago como cidade universitaria.

No ámbito das preocupacións comúns, a alcaldesa e o concelleiro fixeron fincapé na vivenda como un elemento clave para atraer e fixar estudantado na cidade. Neste punto, López Couso sinalou que este é un dos principais retos aos que se enfronta a USC, xunto coa necesidade de manter e potenciar a súa rede de residencias universitarias. A candidata avogou por dotar esta estrutura dun financiamento propio que permita facer fronte ao deterioro das infraestruturas residenciais, unha das liñas marco recollidas no seu programa para a reitoría.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here