InicioSANTIAGOO CiMUS acolle unha conferencia sobre ‘xemelgos dixitais’ para avanzar na medicina...

O CiMUS acolle unha conferencia sobre ‘xemelgos dixitais’ para avanzar na medicina personalizada

O investigador Alfonso Valencia analiza en Santiago os retos da Intelixencia Artificial aplicada á saúde e a creación de modelos virtuais de pacientes

Publicado o

Xornal de Compostela

O CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela acolle este venres 23 de xaneiro, ás 13:00, unha conferencia centrada no desenvolvemento de copias virtuais de pacientes, coñecidas como xemelgos dixitais, e o seu potencial para mellorar a medicina personalizada, axilizar os diagnósticos e previr determinadas enfermidades, entre elas o cancro.

A sesión terá lugar no Theatre room do centro e estará impartida por Alfonso Valencia, director do departamento de Ciencias da Vida do Centro Nacional de Supercomputación de Barcelona e investigador do ICREA. O relatorio, titulado ‘From genomes to digital twins. Developments and challenges’, está aberto a toda a comunidade universitaria.

Durante a conferencia, o relator abordará os desafíos actuais da Intelixencia Artificial na medicina, así como o papel da minería de datos e das tecnoloxías da información e a comunicación no deseño de tratamentos máis personalizados, eficaces e seguros. Segundo o investigador, a combinación de grandes volumes de datos, capacidade de cálculo e software especializado permite reproducir con notable fidelidade procesos patolóxicos, facilitando o seu estudo e abordaxe clínica.

O enfoque inclúe tamén a prevención de determinados tipos de cancro e a redución do risco de recaídas mediante a análise avanzada de información biomédica. Neste contexto, Valencia sinala a necesidade de avanzar na integración de distintos niveis de modelización dixital: “Por agora os modelos que simulan as células son distintos dos que simulan os órganos, e dos que reproducen o comportamento de todo o organismo. O reto é poder integrar os tres tipos de modelo”.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here