InicioSANTIAGOA alcaldesa de Santiago inicia encontros coas candidatas á Reitoría da USC

A alcaldesa de Santiago inicia encontros coas candidatas á Reitoría da USC

As reunións, solicitadas polas propias aspirantes, buscan coñecer os seus proxectos e explorar vías de colaboración entre o Concello e a universidade no marco do proceso electoral da institución académica

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, manterá ao longo desta semana unha serie de encontros coas candidatas á Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, coincidindo co proceso electoral que se está a desenvolver na institución académica.

Segundo informou o goberno local, as reunións foron solicitadas polas propias candidatas, que teñen como obxectivo trasladarlle á rexedora municipal os proxectos cos que concorren ás eleccións, así como presentar os seus equipos de traballo. Nos encontros tamén se abordarán as principais liñas de colaboración entre o Concello e a universidade que cada candidatura aspira a impulsar, con especial atención a afondar na relación institucional entre ambas as dúas entidades.

Dende o Concello sinalan que estes contactos se enmarcan na vontade do executivo municipal de manter unha relación fluída e continuada coa USC, baseada no diálogo institucional e no respecto á autonomía universitaria. Esta filosofía, explican, é a mesma que rexe as relacións do goberno local co conxunto do tecido social, económico e asociativo da cidade.

A rolda de encontros desenvólvese nun momento clave para a universidade compostelá, inmersa no proceso de elección da súa próxima reitora, e sitúa novamente no centro do debate a colaboración entre a cidade e a súa principal institución académica, un vínculo histórico considerado estratéxico para o desenvolvemento de Santiago de Compostela e da súa contorna.

ÚLTIMAS

O PP acusa o Goberno central de chegar tarde á preparación do Xacobeo 2027 e reclama máis investimentos para Santiago

O Partido Popular realizou este venres un balance da colaboración do Goberno de España...

Santiago licita por 14,5 millóns o Servizo de Axuda no Fogar e eleva ata 270.000 as horas anuais

A Xunta de Goberno de Santiago deu luz verde ao inicio do procedemento para...

Ames licita por case 3,3 millóns a construción do mercado municipal de Bertamiráns

Ames avanza na posta en marcha do seu futuro mercado municipal. A Xunta de...

Santiago licita por 14,5 millóns o Servizo de Axuda no Fogar e eleva ata 270.000 as horas anuais

A Xunta de Goberno de Santiago deu luz verde ao inicio do procedemento para...

Compostela lembrará a Ánxel Casal e a Camilo Díaz Valiño no 90 aniversario dos seus asasinatos

O Concello de Santiago conmemorará o vindeiro mércores 19 de agosto o 90 aniversario...

COGAMI abrirá en Santiago un novo curso gratuíto de formación administrativa para persoas desempregadas

COGAMI prepara en Santiago de Compostela unha nova acción formativa gratuíta dirixida a persoas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here