InicioSANTIAGOO Goberno local presenta uns orzamentos centrados nos servizos públicos e no...

O Goberno local presenta uns orzamentos centrados nos servizos públicos e no reforzo do persoal municipal

O concelleiro de Facenda defende unhas contas de máis de 148 millóns de euros orientadas ao benestar social, á mellora da administración e ao investimento en infraestruturas

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Facenda do Concello de Santiago, Manuel César, presentou este martes o proxecto de orzamentos municipais para 2026, unhas contas que superan os 148 millóns de euros e que, segundo explicou, teñen como eixo central “as persoas” e a mellora do benestar colectivo. Na súa intervención, o edil sinalou que se trata duns orzamentos “baseados nos servizos públicos, na mellora da calidade de vida e na construción dunha Compostela máis diversa e máis igualitaria”.

Manuel César detallou que o proxecto orzamentario aposta por reforzar áreas como os coidados, a vivenda, a mobilidade, a educación, a cultura, a cohesión social e a atención ás persoas, ao tempo que mantén as liñas de subvención e axudas ao tecido asociativo, cultural e empresarial da cidade. Segundo indicou, “oito de cada dez euros do Concello destínanse a servizos públicos, protección social e espazos de calidade”.

Un dos eixos principais das contas é a mellora da Administración municipal, cun incremento notable dos capítulos de gasto en persoal, servizos correntes e transferencias correntes. O concelleiro explicou que non se amortizará ningunha das prazas que se xubilen e que se incrementa a taxa de reposición ata 47 efectivos, fronte ás 42 xubilacións rexistradas ao longo de 2025. Ademais, mantéñense as 12 prazas transferidas da UMAD e incorpóranse cinco novas.

Os orzamentos recollen tamén os incrementos salariais derivados dos acordos estatais e municipais, incluíndo a subida do complemento específico de policías e bombeiros e a actualización das gratificacións do persoal. César lembrou que o Concello está a traballar coa Universidade de Santiago de Compostela nun estudo de valoración dos postos de traballo que permitirá, por primeira vez, definir unha nova relación de postos con criterios de valoración obxectiva.

No ámbito da mobilidade, destacou o peso do novo contrato de transporte urbano, cunha dotación de 8,6 millóns de euros, así como investimentos en infraestruturas viarias, redes semafóricas e control do tráfico, cunha partida próxima aos 250.000 euros para a renovación e ampliación destes sistemas. Tamén se inclúen actuacións no túnel do Orro e noutras infraestruturas de tráfico.

En materia ambiental, o proxecto contempla recursos para a limpeza viaria, a recollida e tratamento de residuos, cun gasto próximo aos 5 millóns de euros, e o canon de Sogama, que ascende a arredor de 4 millóns. A nova depuradoracontará cunha dotación de 4,7 millóns de euros.

SERVIZOS SOCIAIS, EDUCACIÓN E CULTURS

As políticas sociais concentran unha parte relevante do gasto. O Servizo de Axuda no Fogar contará con case 6,7 millóns de euros, mentres que os comedores escolares superarán os 2 millóns, aos que se suma máis dun millón en bolsas comedor e material escolar. O novo contrato dos centros socioculturais roldará os 2 millóns de euros e a Escola Municipal de Música incrementa o seu orzamento ata preto de 600.000 euros.

No capítulo de investimentos, inclúense actuacións en parques infantís, instalacións deportivas, vías públicas urbanas e rurais, con máis de 2 millóns de euros destinados ao rural, así como partidas para equipamentos como casas de maiores, a Factoría e melloras no pavimento e na trama urbana.

No apartado de ingresos, Manuel César explicou que máis do 50 % do orzamento procede de impostos, taxas e outros ingresos municipais. O IBI achegará algo máis de 33,6 millóns de euros, o imposto de vehículos arredor de 4,5 millóns, e a participación nos tributos do Estado inclúe preto de 5,4 millóns do IRPF. Entre os impostos indirectos salientan a taxa do lixo, con máis de 8 millóns, e a recarga sobre as estadías turísticas, cunha previsión de 3 millóns de euros, baseada en estudos técnicos e nas estatísticas de prazas e pernoctacións.

Respecto aos ingresos por sancións de tráfico, o concelleiro subliñou que a previsión responde a medidas orientadas a mellorar a seguridade viaria, como a implantación de radares e outros elementos de control, e non a un incremento recadatorio.

O responsable de Facenda avanzou que a intención do Goberno local é levar os orzamentos a pleno en febreiro, co obxectivo de que poidan entrar en vigor na primavera. Tamén reiterou a vontade de negociar coa oposición e facilitar toda a información necesaria para acadar acordos, como xa se fixo en exercicios anteriores.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

A reunión anual do proxecto europeo Epilunar avalía en Santiago o primeiro ano de avances na inmunoterapia do cancro de pulmón

Santiago de Compostela acolleu este mércores a reunión anual de seguimento do proxecto europeo...

Rosa Crujeiras expón á alcaldesa a súa proposta para reforzar a colaboración estratéxica entre a USC e Santiago

A catedrática de Matemáticas e candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela,...

Constitúese a comisión para descentralizar o grao de Medicina nas tres universidades galegas

A comisión de seguimento encargada de desenvolver o acordo para descentralizar o grao de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here