InicioSANTIAGOA presidenta da Asociación de Periodistas de Madrid visita Santiago: “Os bulos...

A presidenta da Asociación de Periodistas de Madrid visita Santiago: “Os bulos son un arma nuclear”

A presidenta da Asociación da Prensa de Madrid enfatiza a necesidade de autocrítica e mantemento da credibilidade na profesión

Publicado o

Xornal de Compostela

No marco da celebración do Día Mundial da Liberdade de Prensa, a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) organizou un acto no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG), onde María Rei, presidenta da Asociación da Prensa de Madrid, incidiu na necesidade dunha reflexión crítica sobre a práctica xornalística e a urxencia de preservar a credibilidade da profesión. “O xornalismo debe ter un proceso, non se pode obviar ningunha fase para non perder a nosa credibilidade. A percepción de estar nas trincheiras vén de nos involucrar nelas”, afirmou Rei.

Pastor Lorenzo, director corporativo do CiPG, abriu o evento recordando a importancia dun xornalismo “libre, ético e independente”, e rendeu homenaxe Victoria Prego, xornalista falecida este pasado mércores, destacando a súa carreira como un modelo de dedicación e versatilidade no xornalismo. Tras un minuto de silencio en memoria de Prego, Luís Menéndez, presidente da APSC, presentou a traxectoria de María Rei.

Na súa intervención, Rei explorou os desafíos actuais que afronta a profesión, desde a monetización dos contidos e os problemas de desinformación ata a crescente precariedade laboral. “Hoxe en día, os faladoiros están cheos de xornalistas experimentados que buscan novos camiños, e os medios teñen que navegar a tensión entre aumentar os clics e manter a integridade”, comentou.

Ademais, criticou a presenza de “pseudoxornalistas” nos corredores do poder como un síntoma de debilidade estrutural na industria, que permite que a sensacionalización prevaleza sobre a substancia. “Onde colocamos o límite aos bulos?”, preguntou, facendo un chamamento ás plataformas de redes sociais para que tomen un papel máis activo n.a verificación de contidos antes da súa publicación. “Os bulos son un arma nuclear” sentenciou.

Rei pechou a súa presentación subliñando a importancia do compromiso coa verdade e a precisión. “O xornalismo é a profesión máis fermosa do mundo, pero require de nós un compromiso constante con principios éticos; escoitar, observar, documentarnos e preguntar son fundamentais”, concluíu, antes de responder a preguntas dos asistentes.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...

O Ateneo de Santiago abre o curso cunha conferencia de Álvaro García Ortiz sobre a transformación da xustiza

O Ateneo de Santiago inicia o vindeiro luns, 5 de outubro, a súa programación...